+60 online: Aprende a comunicarte en inglés básico
Se sempre quixeches aprender inglés ou o estudaches no seu día e queres refrescalo desde o nivel básico este curso é para ti. Aprenderás a manexarte neste idioma para podéreste comunicar, presentar, saudar, formular preguntas ou expresar os teus gustos.
CONTIDOS:
1ª semana: Past continous tense
2ª semana: Imperative forms. Articles III
3ª semana: Exclamatory Form
4ª semana: Simple Future Tense I
5ª semana: Relative Pronouns. Sombody / Someone
6ª semana: Something /Somewhere and derived words
7ª semana: Comparison of adjetives. It will take...= Demorar
8ª semana: Simple Future Tense II
9ª semana: Modal Verbs:Can,Must,May, Should...
10ª semana: Making Requests.Asking for permission
O curso será impartido por Natalia Vázquez, Diploma superior de inglés C1 da Escola Oficial de Idiomas.
PREZO: 36 €
DURACIÓN: 10 horas
Todas as sesións de clase quedarán gravadas e á disposición do alumnado para velas en calquera momento durante o período de duración do curso.
INSCRICIÓN:
Para apuntarte na actividade cubre o seguinte formulario antes do 10 de abril. Se es socio/a dalgún Espazo +60 farémosche un cargo na conta polo importe do curso; se non, facilitarémosche un número de conta para que fagas unha transferencia.
Unha vez que te inscribas guiarémoste para axudarte a entrares en Google Classroom e conectáreste por videoconferencia co profesor/a e o resto de compañeiros, é moi doado!