+60 online: Ciclo de Historia da Arte: "... e eles xúntanse. Modelos de producción e colaboración artística"

Ao longo destas oito sesións descubriremos diferentes modelos de arte colaborativa que se manifestaron en disciplinas como a escultura, a pintura ou a imaxinaría. Desde a produccón nos obradoiros familiares (Vivarini, Cranach) a sistemas máis interdisciplinares como os estudos de Warhol ou Murakami. Trátase dunha escusa marabillosa para falar de relacións entre artistas, do seu contexto e, por suposto, da súa obra.
CONTIDOS:
Sesión 1. Oro, temple e óleo. Bellini vs Vivarini- 19 de xaneiro
Sesión 2. Esculpindo a luz: Los Pisano - 26 de xaneiro
Sesión 3. O barro máis bonito do mundo. Della Robbia - 2 de febreiro
Sesión 4. O negocio da serpente. Cranach - 9 de febreiro
Sesión 5. A Roldana, escultora de Cámara - 16 de febreiro
Sesión 6. A catro mans: Rubens e amigos - 23 de febreiro
Sesión 7. Camille... con e sen Paul - 2 de marzo
Sesión 8. O modelo The Factory. De Warhol a Murakami - 9 de marzo
O curso será impartido por Marta Riera Táboas. Doutora en Belas Artes, profesora, ilustradora e divulgadora.
PREZO: 50 €
DURACIÓN: 8 horas
Todas as sesións de clase quedarán gravadas e á disposición do alumnado para velas en calquera momento durante o período de duración do curso.
INSCRICIÓN:
Para apuntarte na actividade cubre o seguinte formulario. Se es socio/a dalgún Espazo +60 farémosche un cargo na conta polo importe do curso; se non, facilitarémosche un número de conta para que fagas unha transferencia.
Unha vez que te inscribas guiarémoste para axudarte a entrares en Google Classroom e conectáreste por videoconferencia co profesor/a e o resto de compañeiros, é moi doado!