+60 online: Ciclo de historia da arte: "Creatividades compartidas. Relacións con moita arte"
Nestas novas sesións, analizaremos algunhas das alianzas creativas que se deron en diversos períodos da historia da arte. Seguindo a liña que comezamos co ciclo "... E eles xúntanse. Modelos de produción e colaboración artística", estudaremos a obra de artistas que compartiron as súas vidas con outros/as artistas a través de relacións afectivas e/ou colaborativas.
Trátase, como vén sendo habitual, dun ciclo que atende a distintas disciplinas artísticas: pintura, escultura, ilustración, arquitectura e moda. Oito sesións deseñadas a medida para o curso, onde nos adentraremos no contexto histórico/social dos artistas seleccionados: Balthus, Willem e Elaine de Kooning, Dior e Gruau, Yves Saint Laurent, etc.
CONTIDOS:
Sesión 1. Teselas ao servizo dos emperadores - 12 abril
Sesión 2. Entre amigos: Gargallo, González, Picasso - 19 abril
Sesión 3. Albers. Os mellores maestros - 26 abril
Sesión 4. Balthus e a búsqueda incansable - 3 maio
Sesión 5. Nobody said it was easy. Pollock/Krasner - 10 maio
Sesión 6. De Kooning. Unha casa e dous talleres - 24 maio
Sesión 7. René Gruau: Unha imaxe para a casa Dior - 31 maio
Sesión 8. As paixóns de Yves Saint Laurent - 7 xuño
O curso será impartido por Marta Riera Táboas. Doutora en Belas Artes, profesora, ilustradora e divulgadora.
PREZO: 50 €
DURACIÓN: 8 horas
Todas as sesións de clase quedarán gravadas e á disposición do alumnado para velas en calquera momento durante o período de duración do curso.
INSCRICIÓN:
Para apuntarte na actividade cubre o seguinte formulario antes do 10 de abril. Se es socio/a dalgún Espazo +60 farémosche un cargo na conta polo importe do curso; se non, facilitarémosche un número de conta para que fagas unha transferencia.
Unha vez que te inscribas guiarémoste para axudarte a entrares en Google Classroom e conectáreste por videoconferencia co profesor/a e o resto de compañeiros, é moi doado!