+60 online: Descubre as mellores aplicacións para móbil ou tableta

Se queres sacarlle todo o rendemento aos teus dispositivos e coñeceres as posibilidades que che ofrecen, neste curso aprenderás o funcionamento, a configuración, os usos avanzados do WhatsApp, as videochamadas e todas as utilidades dos móbiles e tabletas.
CONTIDOS:
1. Duolingo: Aprende idiomas e divírtete xogando.
O curso será impartido por Diego Romero Oliveira. Técnico Superior en Sistemas e experto en cultura dixital.
PREZO: 36 €
DURACIÓN: 10 horas
Todas as sesións de clase quedarán gravadas e á disposición do alumnado para velas en calquera momento durante o período de duración do curso.
INSCRICIÓN:
Para apuntarte na actividade cubre o seguinte formulario. Se es socio/a dalgún Espazo +60 farémosche un cargo na conta polo importe do curso; se non, facilitarémosche un número de conta para que fagas unha transferencia.
Unha vez que te inscribas guiarémoste para axudarte a entrares en Google Classroom e conectáreste por videoconferencia co profesor/a e o resto de compañeiros, é moi doado!