+60 online: Explora as posibilidades do teu iPhone ou iPad

Se tes un Ipad ou un Iphone e queres aproveitar todas as oportunidades que che ofrece, neste curso prenderás a sacarlle partido a todas a utilidades que che ofrece o seu sistema operativo, a configuralo, a sincronizar con outros dispositivos ou empregar as aplicacións gratuítas da Apple store.
CONTIDOS:
1. Así funciona: hardware, software, unidades de medida da capacidade e requerimentos mínimos para mercar un novo iPhone ou iPad.
2. ID de Apple e a app Mail.
3. Buscador e navegador: aplicacións Google e Safari, uso e configuración. Bloquear notificacións de páxinas web non desexadas. Recomendacións de seguridade no teu móbil.
4. App Store: unha tenda dende a que instalar e actualizar aplicacións no teu iPhone iPad.
5. Whatsapp: uso de funcións avanzadas de whatsapp nas mensaxes. Dictado por voz, mensaxe de audio, editar antes de compartir ou enviar, eliminar mensaxes, limpeza do dispositivo.
6. Whatsapp: videochamadas. Grupo e lista de difusión, configuración avanzada, copia de seguridade de chats.
7. Fotos: moito máis que unha galería de imaxes, configurar copia de seguridade para almacenar fotos e videos na nube. Liberar espazo de almacenamento no dispositivo.
8. Mapas: explorar e buscar lugares cerca de min. Buscar e gardar os meus sitios favoritos. Recibir indicacións de desprazamento GPS e servizos.
9. iCloud, sácalle partido á nube: almacena, comparte e consulta onde e cando queiras.
10. iTunes Store / Apple Music: escoita a túa música e soncronizaa entre dispositivos.
O curso será impartido por Diego Romero Oliveira. Técnico Superior en Sistemas e experto en cultura dixital.
PREZO: 36 €
DURACIÓN: 10 horas
Todas as sesións de clase quedarán gravadas e á disposición do alumnado para velas en calquera momento durante o período de duración do curso.
INSCRICIÓN:
Para apuntarte na actividade cubre o seguinte formulario. Se es socio/a dalgún Espazo +60 farémosche un cargo na conta polo importe do curso; se non, facilitarémosche un número de conta para que fagas unha transferencia.
Unha vez que te inscribas guiarémoste para axudarte a entrares en Google Classroom e conectáreste por videoconferencia co profesor/a e o resto de compañeiros, é moi doado!