+60 online: Mellora as túas tácticas e estratexias no xadrez

Se sabes os movementos básicos das pezas de xadrez e queres mellorar e aprender as principais tácticas e estratexias, aperturas, medio xogo e finais, ao tempo que comentas algunhas das partidas emblemáticas dos grandes xadrecistas da historia, este curso é para ti. No curso usaranse ferramentas online para xogar partidas e organizar quedadas.
CONTIDOS:
Sesión 1. Manexo de Lichess, coma posibilidade de entretenemento e auto-entrenamento.
Sesión 2. Outras posibilidades da rede, autoentrenamento, novas de eventos, seguemento de torneos, etc.
Sesión 3. Presentación das tres fases dunha partida e consellos básicos da apertura.
Sesión 4. Cál é o soño do Rei?
Sesión 5. Cál é o soño da Torre?
Sesión 6. Cál é o soño do peón?
Sesión 7. Cál é o soño do Cabalo?
Sesión 8. Cómo analizar unha posición
Sesión 9. Pasos do proceso de pensamento xadrecístico.
Sesión 10. Sesión de simultáneas ou calquera outra actividade práctica.
El curso será impartido por Luis Carril, monitor de ajedrez profesional a tiempo completo desde 2012 y certificado por la Federación Gallega de Ajedrez y por la Federación Española de Ajedrez.
PREZO: 36 €
DURACIÓN: 10 horas
Todas as sesións de clase quedarán gravadas e á disposición do alumnado para velas en calquera momento durante o período de duración do curso.
INSCRICIÓN:
Para apuntarte na actividade cubre o seguinte formulario. Se es socio/a dalgún Espazo +60 farémosche un cargo na conta polo importe do curso; se non, facilitarémosche un número de conta para que fagas unha transferencia.
Unha vez que te inscribas guiarémoste para axudarte a entrares en Google Classroom e conectáreste por videoconferencia co profesor/a e o resto de compañeiros, é moi doado!