+60 online: Sácalle partido ao teu iPhone e ao teu iPad

Se tes un iPad ou un iPhone e queres sacarlle partido a todas as utilidades que che ofrece o seu sistema operativo, configuralo, sincronizar con outros dispositivos ou empregar as aplicacións gratuítas da Apple store.
CONTIDOS:
Sesión 1 - Traducir: traduce, escoita e transcribe o que necesites.
Sesión 2 - Pages: escribe, edita e comparte os teus documentos.
Sesión 3 - Calendario: a axenda máis versátil, engade as túas citas, crea avisos, e visualiza os calendarios de diferentes contas.
Sesión 4 - Consellos: descubre curiosidades e mantente á última no teu dispositivo de Apple.
Sesión 5 - Keynote: olvídate do proxector e presenta un pase de diapositivas que poidan ver en calquera dispositivo.
Sesión 6 - Clips: graba e edita os teus propios vídeos con esta fantástica app.
Sesión 7 - iMovie: selecciona os clips, engade títulos e música e crea os teus propios vídeos con alta resolución.
Sesión 8 - Recordatorios e Notas: programa as túas tarefas e engade recordatorios. Crea notas e engade a información que queiras dun modo sinxelo e divertido.
Sesión 9 - Notas de voz, Medidas, Lupa, Atallos: saca partido a diferentes utilidades do teu dispositivo Apple.
Sesión 10 - Cámara e Photo Booth: Saca partido á túa cámara de fotos. Disfruta de filtros divertidos, graciosos e moi sinxelos de usar.
Sesión 11 - Arquivos: Xestiona os teus arquivos no teu iPhone ou iPad.
O curso será impartido por Diego Romero Oliveira. Técnico Superior en Sistemas e experto en cultura dixital.
PREZO: 33 €
DURACIÓN: 11 horas
Todas as sesións de clase quedarán gravadas e á disposición do alumnado para velas en calquera momento durante o período de duración do curso.
INSCRICIÓN:
PRAZAS CUBERTAS. Se es socio/a dalgún Espazo +60 farémosche un cargo na conta polo importe do curso; se non, facilitarémosche un número de conta para que fagas unha transferencia.
Unha vez que te inscribas guiarémoste para axudarte a entrares en Google Classroom e conectáreste por videoconferencia co profesor/a e o resto de compañeiros, é moi doado!