Paseos pola historia e a cultura de Betanzos no Espazo+60 de Afundacion
O Espazo +60 de Betanzos organiza unha vez ao mes un paseo pola cultura e a historia de Betanzos e a súa contorna, onde as personas participantes poderán aportar os seus coñecementos para descubrir recunchos e coñecer vestixios da historia do concello.
O segundo paseo deste ano terá lugar o 27 de novembro pola ruta dos Caneiros. O percorrido terá lugar por unha senda que transcorre a carón do río Mandeo chea de vexetación de ribeira. A primeira crónica sobre a xira fluvial data de 1889, polo que non é de estranar que ao longo de 128 anos de celebración a súa historia estea chea de curiosas anécdotas que teremos ocasión de comentar.
A actividade será conducida por persoas voluntarias socias do Espazo +60 de Betanzos, e forma parte do programa de voluntariado "O valor da experiencia" de Afundación.
Inscríbete no Espazo +60 de Betanzos. Prazas limitadas.