Tenda Solidaria no Espazo +60 A Coruña a favor de ASOTRAME

Os produtos que se poden adquirir na Tensa Solidaria foron elaborados por persoas voluntarias do Espazo +60 A Coruña participantes no «Taller solidario» durante todo o curso. Neste mercadiño poderemos atopar traballos de artesanía e bixutería, desde roupa infantil a mantelería, bolsas de merenda, bonecos de pano bordados ou encaixes de Camariñas.
Os beneficios da recadación de fondos destinaranse coma todos os anos a unha ONG. Este ano a entidade beneficiaria será a Asociación Galega de Transplantados de Médula Ósea (ASOTRAME).
Esta actividade ten como finalidade o desenvolvemento de hábitos de reciclaxe e promover a creatividade e a imaxinación ao tempo que fomenta a solidariedade e a cooperación entre participantes. Está enmarcada dentro do programa "O valor da experiencia" da área de Envellecemento Activo, que ten como obxectivo potenciar o papel activo das persoas maiores na sociedade e o desenvolvemento de actividades de voluntariado.