Recollida de xoguetes no Espazo +60 Ourense a favor de Cáritas

O Espazo +60 de Afundación promove accións de voluntariado no marco do seu programa "O valor da experiencia", así o centro de Ourense acolle unha campaña de recollida de libros infantís e xoguetes en bo estado para doar a Cáritas Diocesana Interparroquial de Ourense. Todas aquelas persoas que queiran colaborar poderán pasar polas instalacións de Afundación en Rúa do Paseo, 6, Ourense ata o 14 de decembro. Unha vez finalizada a recollida, Cáritas encargarase da súa distribución a familias en situación de vulnerabilidade social ou en risco de pobreza.
Esta iniciativa forma parte do programa de voluntariado "O valor da experiencia" da área de Envellecemento Activo de Afundación, que ten como finalidade potenciar o papel activo das persoas maiores na sociedade, favorecer o desenvolvemento de accións interxeracionais e de voluntariado.