Tenda solidaria no Espazo +60 Ourense a favor da Asociación Española Contra o Cancro

Os produtos que se poden adquirir na Tenda Solidaria foron elaborados por persoas voluntarias asociadas ao Espazo +60 durante todo o curso, participando na actividade do «Obradoiro solidario». Os beneficios da recadación de fondos destinaránse a unha ONG de acción social. Nesta ocasión a entidade beneficiaria é a Asociación Española Contra o Cancro para o seu proxecto "O carriño de Don Amable".
Esta actividade ten como finalidade promover a creatividade e as actividades artesanais ao tempo que fomenta a solidariedade e a cooperación. Está enmarcada dentro do programa "O valor da experiencia" da área de Envellecemento Activo, que ten como obxectivo potenciar o papel activo das persoas maiores na sociedade e o desenvolvemento de actividades de voluntariado.