• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Educación transformadora
      • UIE
      • Ciclos formativos
      • Internacionalización
      • Fomento da RSC e a economía social
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Área Educativa
      • Oferta educativa
      • Axenda
      • Educación S. XXI
    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Envellecemento activo
    • Programas Espazos+60
      • Acompañamento +60
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Emocións e soidades
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite [email protected]
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Axenda
Axenda
Busca por...

Nome

Cidade

Data

Área

Público

Centro

Entrada

Modalidade

Concerto REAL FILHARMONÍA DE GALICIA en Vigo

Cultura Concertos Xeral De pago
Compartir:
  • ico-twitter En twitter
  • ico-facebook En facebook
  • LinkedIn En LinkedIn
Concerto REAL FILHARMONÍA DE GALICIA en Vigo
  • 19-01-2022 19-01-2022 Concerto REAL FILHARMONÍA DE GALICIA en Vigo Coa dirección de Joana Carneiro e Gabriela Montero ao piano, este recital trae pezas de Gabriela Lena Frank, Gabriel Fauré e Clara Schumann. Xa podes coller as entradas soltas dos concertos da Tempada de Abonos CLÁSICA Afundación 2022 Teatro Afundación Vigo Policarpo Sanz, 13. Vigo (Pontevedra) Afundación [email protected] Europe/Madrid public true Engadir o calendario
  • ONDE:

    Teatro Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 13. Vigo (Pontevedra)

  • Datas:

    19 XAN 2022

  • Horario:

    20.00 h

  • Entrada:

    De pago
Mercar

Xa podes coller as entradas soltas en Ataquilla.com a este concerto da TEMPADA DE ABONOS DE CLÁSICA AFUNDACIÓN.

directora JOANA CARNEIRO

piano GABRIELA MONTERO

 

Duración aprox. 1 h (sen pausa)

 

PEREGRINACIÓN NOS ANDES

GABRIELA LENA FRANK (1972) 
Lendas: An Andean Walkabout

Toyos
Tarqueada
Himno de Zampoñas
Chasqui
Canto de Velorio
Coqueteos

GABRIEL FAURÉ (1845-1924)
Suite de Pelleas e Melisande, op. 80

Prélude
Fileuse (O fiandeiro)
Sicilienne
La mort de Mélisande (A morte de Melisande)

CLARA SCHUMANN (1819-1896)
Concerto para piano en la menor, op. 7

Allegro maestoso
Romanze: Andante non troppo, con grazia
Finale: Allegro non troppo

  

PROGRAMA DE MAN

Gabriela Lena Frank (1972)

Gabriela Lena Frank naceu en Berkley, licenciouse na Universidade de Rice e é doutora pola Universidade de Michigan. Foi gañadora do premio Gerard Schwarz/ASCAP e obtivo unha bolsa Global Connections a través de Meet the Composer. Ademais de compoñer, traballa como pianista e colaborou co etnomusicólogo peruano Raúl Romero na gravación da música para piano dos compositores indíxenas da costa e os Andes peruanos. As pezas de Frank incorporan a mitoloxía, a arte, a poesía e a música folclórica suramericana ás formas clásicas occidentais, reflectindo a súa herdanza xudía-peruana. Sobre a súa obra Lendas: An Andean Walkabout (2001) ela mesma escribe “mestura elementos da tradición musical clásica occidental e da música folclórica andina, inspirándose na idea da mestizaxe tal e como a concibiu o escritor peruano José María Arguedas, na que as culturas coexisten sen que unha estea sometida á outra. ‘Toyos’ representa un dos instrumentos máis recoñecibles dos Andes, a zampoña. O tipo máis grande é o toyo, que require unha gran resistencia e forza pulmonar e adoita tocarse en cuartas paralelas. A ‘Tarqueada’ é un número contundente e rápido que suxire a tarka, unha pesada frauta de madeira de conduto que se sopra con forza para dividir o ton. Os conxuntos de tarka adoitan tocar en cuartas, quintas e oitavas casualmente afinadas. O ‘Himno de Zampoñas’ inspírase nun tipo particular de conxunto de zampoñas que divide as melodías mediante unha técnica coñecida como hocketing. O son característico da zampoña é o dun ton fundamental soprado de forma plana para que os sobretóns soen por riba. ‘Chasqui’ representa ao chasqui, un lendario corredor da época incaica que corría grandes distancias para entregar mensaxes entre vilas separadas entre si polos cumios andinos. O chasqui necesitaba viaxar con pouco peso, polo que os seus instrumentos elixidos eran o charango, un curmán agudo da guitarra, e a lixeira frauta quena de bambú, que inflúen neste movemento. ‘Canto de Velorio’ retrata a outra coñecida personalidade andina, unha chorona profesional contratada para facer que os rituais funerarios (coñecidos como velorios) sexan aínda máis tristes, a chorona está acompañada aquí por unha segunda chorona e un coro adicional de mulleres de loito. O canto Dies Irae cítase como reflexo da afección da chorona a mesturar versos do folclore indíxena quechua e dos ritos relixiosos occidentais. ‘Coqueteos’ é unha canción de amor coqueto cantada polos homes coñecidos como romanceiros e é directa na súa expresión harmónica, ousada e festiva. Os romanceiros cantaban en harmonía uns con outros sobre un fondo de guitarras, o que me parece un vendaval de guitarras.

 

Gabriel Fauré (1845-1924)

O drama Pelléas et Mélisande de Maurice Maeterlinck narra un apaixonado triángulo amoroso entre Pelléas, o seu medio irmán Golaud e Mélisande no imaxinario reino de Allemonde. Estreouse en París en maio de 1893 e nun período de doce anos, polo menos catro destacados compositores como Fauré, Debussy, Schoenberg ou Sibelius, de diversas orixes e estilos, crearon a súa propia obra mestra. En 1898, a actriz Patrick Campbell encargou a Gabriel Fauré a música incidental para a primeira produción en inglés que se estrearía, no Teatro Prince of Wales en Londres, o 21 de xuño dese ano. Fauré dispuxo dun mes para realizar ese traballo polo que utilizou obras inacabadas e pediu axuda ao seu alumno Charles Koechlin para a orquestración. Anos despois, o autor revisou a partitura, seleccionou tres dos seus números e engadiu a Sicilianne que completaría a Suite op. 80 publicada en 1909, chegando a ser unha das súas obras para orquestra máis soadas que reflicte moitas das características da súa linguaxe: música oscilante e delicada, ritmos flexibles, liñas melódicas longas e asimétricas, etc. A partitura recrea o ambiente onírico da obra de Maeterlinck, comezando co delicado Preludio, de inspirador e melancólico lirismo, que presenta a misteriosa atmosfera do bosque no que Mélisande se atopa con Golaud. No Fileuse (Andantino quasi allegretto) Fauré, cos violíns, mostra a Mélisande fiando na roca, mentres que óboe e outros instrumentos de vento transmiten os abstraídos pensamentos da moza até chegar á ‘cantabile’ e suxestiva Sicilienne (Allegro molto moderato). O final está dedicado á morte da protagonista, cuxo ambiente dramático e tráxico é expresado cos rexistros máis graves da frauta, as harmonías modais e os pizzicato da corda.

Clara Schumann (1819-1896)

A pesar de ser un dos grandes talentos compositivos do século XIX, Clara Wieck en 1839 escribiu no seu diario: "algunha vez pensei que posuía capacidade creativa, pero renunciei a esa idea; unha muller non debe desexar compoñer. Ningunha foi quen de facelo, por que podería esperalo eu? Resultaría arrogante, aínda que, de feito, o meu pai conduciume a iso desde moi cedo”. Sen embargo, non era así, xa que foi unha notable intérprete que debutou aos nove anos na Gewandhaus de Leipzig e realizou, aos doce, unha xira europea na que incluíu pezas da súa autoría. Por iso non resulta estraño que ao ano seguinte, 1833, esbozara un movemento para un concerto para piano e orquestra. Nesa época, Robert Schumann xa era hóspede e alumno do pai de Clara, e foi el quen escoitou a primeira incursión orquestral da rapaza, recomendoulle certos cambios na orquestración e animouna a seguir co traballo, que foi estreado en 1836, cando ela tiña dezaseis anos. A escritura do Concerto para piano e orquestra caracterízase por un gran virtuosismo que manifesta a súa calidade como intérprete e a súa xuventude, incluíndo figuracións desafiantes, harmonías avanzadas e coloridas e, sobre todo, o seu sentido e dominio da forma musical. O áxil movemento escrito en primeiro lugar acabou sendo o último para, finalmente, engadir outros dous: o primeiro, presenta unha abertura romántica e dramática seguida dun floreo do piano, digno de Liszt, e a interpretación do tema principal que fai pensar en Chopin; o segundo tema parece comezar na tonalidade convencional pero desvíase para non volver ata que un lento arpexo ascendente leva ao segundo movemento. Romanze destaca pola súa asombrosa sinxeleza e beleza e a solista aparece cunha melodía tenra e clara; melodía que pasa a un violoncello con acompañamento de piano de xeito que a beleza da peza consegue evitar un romanticismo enfermizo. Ese apoio do piano continúa despois de que o violoncello desaparece, e a entrada dos metais sinala o comezo do movemento final. O Finale é claramente o máis substancial dos tres, Clara concibiuno orixinalmente como un tour de force independente e virtuoso para piano e orquestra e cuxa forma é similar á dun rondó tradicional aínda que cunha versión libre das nítidas seccións de contraste características desa forma. Este magnífico e imaxinativo movemento final é testemuño de que a compositora xa era una intérprete experimentada e admirada no mundo da interpretación pianística. Robert e Clara namoraron e, contra vento e marea, casaron en 1840 cando el era relativamente descoñecido e ela unha celebridade internacional para formar a primeira parella “de poder” das artes, profesándose devoción e respecto mutuo.

 

Este concerto enmárcase en Cultura por Alimentos, un programa solidario en colaboración coa Federación Española de Bancos de Alimentos, co obxectivo de contribuír, a través de doazóns, a incrementar os recursos dos Bancos de Alimentos de Galicia.

Convidámosvos a todas as persoas que asistades a este espectáculo a colaborar traendo produtos non perecedoiros, que poderedes depositar á entrada do teatro.

Entra aquí e infórmate!

 

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • UIE
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Envellecemento activo
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
Copyright 2020 © Fundación Galicia Obra Social
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    [email protected]
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    [email protected]
    986 120 078