• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Área educativa
      • IESIDE
      • Formación profesional
      • Oferta educativa
      • Axenda
      • Educación S. XXI
    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Envellecemento activo
    • Programas Espazos+60
      • Acompañamento +60
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Emocións e soidades
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite [email protected]
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Axenda
Axenda
Busca por...

Nome

Cidade

Data

Área

Público

Centro

Entrada

Modalidade

Concerto REAL FILHARMONÍA DE GALICIA en Vigo

Cultura Concertos Xeral De pago
Compartir:
  • ico-twitter En twitter
  • ico-facebook En facebook
  • LinkedIn En LinkedIn
Concerto REAL FILHARMONÍA DE GALICIA en Vigo
  • 21-10-2022 23-11-2022 Concerto REAL FILHARMONÍA DE GALICIA en Vigo Goza deste concerto e colabora coa campaña solidaria CULTURA POR ALIMENTOS, depositando alimentos non perecedoiros nos contedores habilitados á entrada do teatro. Colle xa as túas entradas con Ataquilla Teatro Afundación Vigo Policarpo Sanz, 13. Vigo (Pontevedra) Afundación [email protected] Europe/Madrid public true Engadir o calendario
  • ONDE:

    Teatro Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 13. Vigo (Pontevedra)

  • Datas:

    21 OUT 2022

  • Horario:

    20.00 h

  • Entrada:

    De pago
Mercar

Xa podes coller as entradas soltas en Ataquilla.com para este concerto da TEMPADA DE ABONOS DE CLÁSICA AFUNDACIÓN 2022.

 

Directora Joana Carneiro
Acordeón Helena Sousa

VENRES 21 OUT | 20.00 h

I
LUDWIG VAN BEETHOVEN (1770-1827)
Sinfonía 1 op.21 en Do maior
Adagio molto - Allegro con brio
Andante cantabile con moto
Menuetto: Allegro molto e vivace
Finale: Adagio - Allegro molto e vivace

RICHARD GALLIANO (1950-)
Concerto para acordeón e cordas Opale (1994)

II
OBRA A DETERMINAR

IGOR STRAVINSKY (1882-1971)
Suite Pulcinella
Sinfonia
Serenata
Scherzino
Tarantella
Toccata
Gavotta con due variazioni
Vivo
Minuetto
Finale

Duración aproximada do concerto: 90 minutos

 

NOTAS AO PROGRAMA

Cando aos trinta anos Beethoven rematou a Primeira Sinfonía, xa tiña no seu catálogo dez sonatas, dous concertos para piano e seis cuartetos de corda nos que, aínda mantendo a estética do Clasicismo e asumindo totalmente os achados de Haydn e Mozart, avanzara categoricamente na configuración dunha linguaxe que lle faría sentar os fundamentos de xeito diferente e revolucionario. Para moitos expertos, estableceu as bases para enfrontarse á música, nunha evolución que o levaría cara ás portas do Romanticismo e, mesmo ‒nos últimos anos da súa vida‒ aínda máis lonxe. A estrea da Sinfonía núm 1, na Viena do ano 1800, conmocionou o público do Burgtheater; a uns porque lles parecía moi semellante á Sinfonía Xúpiter de Mozart, a outros por encontrala estraña na orquestración con excesivas modulacións e raros contrastes, e para o resto, por tomala coma un ousado desafío a Haydn, o máis importante compositor vivo na capital austríaca. Hoxe, sería considerada decidida e desbordante de vitalidade, cunha ambición orquestral que non lle impide que as ideas estean expresadas cunha enerxía que, dalgunha maneira, anticipa a contundente manifestación espiritual característica de sinfonías posteriores. Os seus catro movementos comezan cun Adagio molto que tras unha lenta introdución desenvolve a forma sonata, onde o tema vai asomando aos poucos nos primeiros violíns. O Andante cantabile con moto proporciona un tema sinxelo, que permanece durante todo o movemento. Trompetas e timbais engaden unha delicada coloración. Beethoven titula o seu terceiro movemento Menuetto, aínda lonxe da esperada danza cortesá; a música desenvólvese nun certo scherzo: animado, enérxico e implacable, un primeiro paseo cara aos grandes scherzos das sinfonías impares e unha das mostras dos cambios desde o clasicismo que o musicólogo e produtor estadounidense Maynard Solomon explica así: «Aínda que marcado como un menuetto, a música non era impresionante, equilibrada ou bailable. Era rápida, marcada como molto e vivaz para fomentar un ritmo rápido […] En xeral, este movemento foi un adecuado adeus ao século XVIII». O Finale comeza lento, a continuación unha forma sonata expresiva, con chispa, cinguida ao modelo formal dos finais das sinfonías de Londres de Haydn. Coma no primeiro movemento, aínda que máis sutilmente, ao concluír a sinfonía parece impoñerse un modo marcial propio da época, rebelde sobre o ánimo atrevido e radiante que mantén ata o final.

O compositor musical e acordeonista franco-italiano Richard Galliano comezou tocando o piano e o acordeón co seu pai, ampliando os seus estudos con Claude Noël, quen o introduciu no mundo do jazz e máis tarde no Conservatorio de Niza, estudando contrapunto, harmonía e trombón. Galliano é un músico vital na escena europea, movéndose con facilidade estilística entre formacións clásicas e grupos de jazz. Como intérprete, sitúa o acordeón como Astor Piazzolla fixo co bandoneón, levando o instrumento e os seus contextos a novas e enriquecedoras posibilidades. Precisamente, en 1983, comeza unha grande amizade entre Galliano e Piazzolla, cando este invitou o acordeonista como solista nun traballo inspirado no shakesperiano Soño dunha noite de verán, con música orixinal do arxentino e escenografía de Jorge Lavelli. Esta relación con Piazzolla e as súas colaboracións con artistas como Juliette Gréco, Charles Aznavour e músicos de jazz de primeira fila, desde Ron Carter e Chet Baker ata Jan Garbarek e Wynton Marsalis, dan idea da súa versatilidade tanto compositiva como interpretativa. O seu piazzollaniano Concerto Opale para acordeón e orquestra de cordas data de 1994 e está repleto de ritmos axitados e intensidade nas cordas, música de furiosa enerxía que nalgunhas pasaxes soa a inspiración balcánico-mediterránea, evocando sonoridades de órgano. O tempo lento ofrece unha narración sinxela, con dous temas abertamente románticos, case nostálxicos, de beleza cinematográfica, e impregnados do espírito do continente suramericano. O colorido medra e mantén un sutil equilibrio entre o acordeón solista e as cordas orquestrais. O final é un tema apaixonado e festivo que se frea para un melancólico segundo tema con ecos do movemento lento, misterioso e cálido.

Desde Nova York, Astor Piazzolla regresa con frecuencia á súa Arxentina natal onde traballa con Aníbal Troílo e estuda composición con Alberto Ginastera e, en París, con Nadia Boulanger quen o anima a traballar nos seus coñecementos da súa música de raigaña popular. Seguindo o consello da súa mestra, fundaría o Octeto Bos Aires e o Quinteto Nuevo Tango para interpretar as súas composicións afastadas do estilo bailable, revolucionando o tango ao dotalo dunha linguaxe propia con arranxos camerísticos e harmonías máis arriscadas, coa fin de levalo ás salas de concertos. Estes parámetros de cambio foron recibidos con certa resistencia polos tanguistas máis tradicionais e non foi ata finais dos anos oitenta cando comezou a ser recoñecido como o renovador do xénero por incluír nas súas partituras texturas contrapuntísticas, extremos cromatismos e disonancias mesturadas con elementos de jazz e unha expansiva instrumentación. Porén, Piazzolla xa ocupaba un lugar relevante no panorama musical internacional, actuando como solista de bandoneón e escribindo pezas coma o Concierto para bandoneón y orquesta (1979) e Le Grand Tango (1982) para chelo e piano, dedicada a Mitislav Rostropovich. Durante unha xira por Estados Unidos en 1987, Piazzolla coñece o Cuarteto Kronos en Nova York e, nuns poucos días, escríbelle unha breve composición, Four to Tango. O ecléctico Cuarteto encargoulle outra obra que, finalmente, non chegou a realizar, pero que inspirou o compositor para reescribir unha peza anterior para bandoneón e cuarteto de cordas, converténdose nestas Five Tango Sensations. A partitura é unha suite escrita en 1989, estreada polo Cuarteto e el mesmo, sendo a última gravación de estudio do arxentino. Five Tango Sensations son cinco pequenas pezas que representan diferentes accións, emocións ou sensacións: Durmir, Amar, Ansiedade, Espertar e Medo, protagonizadas polo bandoneón como responsable da liña melódica sobre, por veces, un enleado acompañamento das cordas.

O impacto da produción de Igor Stravinski sobre a música clásica occidental resultou claro tras a estrea do ballet A consagración da primavera e medrou co século. Foi capaz de desbaratar a harmonía diatónica de xeito controlado, pero resultou difícil de analizar. Stravinski introduce na música novos modos tomados do folclore ruso, da música relixiosa ou o modo da alternancia maior e menor e intervalos de segunda, derivados de Rimski-Korsakov, do que foi alumno predilecto. A súa revolución harmónica está acompañada da súa revolución rítmica e o tempo das súas creacións non continúa coas regras da maioría da música occidental, os cambios na harmonía e no ritmo están acompañados por cambios na forma: a súa música non se move con intención cara a unha resolución. A produción musical del pode dividirse en tres períodos, o primeiro deles, chamado ruso-impresionista está conformado polas súas tres obras para ballet: O paxaro de lume, Petroushka e A consagración da primavera, todas elas encargadas pola prestixiosa Compañía de Ballets Rusos con claras influencias da escola rusa e do folclore do seu país. Escribe para gran orquestra, marcando claramente a citada revolución da linguaxe musical, abandona o concepto de tonalidade tradicional, utiliza libremente a disonancia, xoga cos ritmos irregulares e os cambios de acentuación, explotando ao máximo os recursos de cada instrumento. A idea orixinal de Petrouschka tivo lugar cando o compositor se preparaba para iniciar A consagración da primavera, para relaxarse, pensou escribir unha peza para piano e orquestra, formación que encheu de frescura o discurso sonoro, renovou a paleta tímbrica, mostrando unha infinita inventiva da que xorden as ideas musicais, en definitiva, amosa a personalidade dun compositor no primeiro tramo da súa carreira. En 1911 adaptou a partitura a un ballet cuxo personaxe central sería Petrouschka, pulchinelo do teatro de monicreques ruso.

Joana Carneiro
Joana Carneiro
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Envellecemento activo
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
Copyright 2020 © Fundación Galicia Obra Social
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    [email protected]
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    [email protected]
    986 120 078