Teatro LA CURVA DE LA FELICIDAD en Vigo
LA CURVA DE LA FELICIDAD
de Eduardo Galán e Pedro Gómez
1h 30 min | Castelán | TP
DIRECCIÓN
Josu Ormaetxe
ELENCO
Gabino Diego, Antonio Vico, Josu Ormaetxe, Jesús Cisneros
PRODUCIÓN
Descalzos Producciones
É certo que os homes sofren unha crise aos 50?
Todos os que atravesaron a crise dos 50 saben que o home é o sexo débil da parella: inseguro, indeciso e fráxil. Aínda que soñen con ir de marcha, asústalles vivir sós e volver sós á casa despois dunhas noites tolas que nunca son tan tolas. No seu delirio, chegan imaxinar que a súa madurez é poderoso imán que atrae as mulleres de 30 e mesmo máis novas.
Quino, o protagonista, de 50 anos, interpretado con humor e tenrura por Gabino Diego, guionista de televisión, vítima do traballo inestable e en plena crise dos cincuenta, é abandonado pola súa muller: “por gordo e por calvo”, asegura que lle dixo ao irse.
Ata a data viviu nun piso amplo do centro da cidade, pero a súa muller abandonou a vivenda familiar e espera que Quino a venda para recibir a metade do seu prezo. A venda do piso provócalle unha enorme angustia de carácter estresante porque, entre outras cousas, significa a perda definitiva de CARMEN... E el querería volver con ela por inseguridade, costume e dependencia psíquica.
Forzado e presionado pola súa muller para vender o piso, tenta, en continua contradición, por todos os medios que non llo compren: desaconséllao, asegura que as instalacións eléctricas e as tubaxes son vellas... pero a súa personalidade fráxil, insegura, indecisa e sen vontade lévao asinar documentos de compromiso de venda a cada un dos tres personaxes: Javier, Manuel e Fer, tipos moi distintos de homes, que irán aparecendo en escena, cos que se irán creando unha serie de conflitos en cadea e voltas de xiro con final sorpresa que nos mostrarán, en clave de comedia, unha reflexión sobre como ven e como levan as relacións coas mulleres uns tipos de corenta...