Teatro MENTIRAS INTELIGENTES, en Pontevedra
Faite xa coas túas entradas para asistires a esta peza teatral, a nova comedia disparatada de sexo, amor e secretos matrimoniais, Mentiras inteligentes. Por primeira vez, desde a súa aclamada obra Te quiero, eres perfecto, ya te cambiaré, o gañador do Tony Award, Joe Dipietro, trae a súa nova comedia a España, e está os días 7 e 8 de novembro nos nosos teatros de Pontevedra e Vigo. Acomódate nas butacas da Sede Afundación Pontevedra (7 NOV) e do Teatro Afundación Vigo (8 NOV) e gózaa.
Colle xa as túas entradas en Ataquilla.com AQUÍ
As nosas funcións de teatro enmárcanse no programa solidario CULTURA POR ALIMENTOS, en colaboración coa Federación Española de Bancos de Alimentos, FESBAL, polo que te animamos a asistires cunha doazón de produtos non perecedoiros que irá destinada ao banco de alimentos local da túa cidade. Grazas!
Máis información AQUÍ.
texto | JOE DIPIETRO
dirección | RAQUEL PÉREZ
produción | Descalzos Producciones
elenco | MARÍA LUISA MERLO, JESÚS CISNEROS, JUAN JESÚS VALVERDE, ANA ESCRIBANO
Unha nai sempre sabe cando algo anda mal. Cando Alicia se decata de que o seu amado esposo, Fernando, volveu preocupado á casa despois dun partido de tenis co seu fillo, ela comeza a sospeitar que algo non vai como debera ir e ponse en acción. Decidida a armar o crebacabezas, convida ao seu fillo Fer e á súa nora Sonia a unha merenda. O caos desencadearase mentres Alicia busca a verdade, o que dá como resultado unha serie de confesións aínda maiores das que se esperaban...
Disparatada e hilarante, Mentiras Inteligentes é unha historia de amor e matrimonios a longo prazo... para ben... e para mal. Que necesitamos para ser felices? Unha comedia na que se formula, entre outras cousas, esta reflexión. Ás veces non estamos a gusto coas cartas que nos tocaron para a vida e atopámonos na encrucillada: quedamos con elas e tratamos de atopar a tan ansiada felicidade ou buscamos outras que quizais nos proporcionen aquilo que nos falta, "outra casa, outro coche, outro amante, outro corte de pelo". A segunda opción sempre nos remata por arrastrar cara á insatisfacción permanente e a busca constante de "algo máis" e, ademais, obrigaranos a mentir para escapar dalgún que outro desastre. E unha mentira leva a outra e a outra e... en fin... Quen de vostedes non mentiu algunha vez?
Aproveita para visitares a axenda web e decatarte de todas as propostas culturais que che ofrecemos ao longo do mes. E tamén podes entrar na nosa billeteira en liña Ataquilla.com para outras actividades escénicas.