Teatro SER O NO SER en Vigo
SER O NO SER
de Nick Whitby
1 h 40 min | Castelán | NRM 16
DIRECCIÓN
Juan Echanove
VERSIÓN
Bernardo Sánchez Sala
BASADA EN LA COMEDIA DE
Ernest Lubitsch
ELENCO
Juan Echanove, Ángel Burgos, Gabriel, Garbisu, David Pinilla, Nicolás Illoro, Lucía Quintana, Eugenio Villota
PRODUCIÓN
OKAPI Producciones
«Magnífico espectáculo onde caben a risa, a gargallada e tamén a emoción»
Varsovia, agosto de 1939. A Compañía teatral do matrimonio Tura ensaia Gestapo!, unha obra que satiriza o nazismo. As autoridades polacas prohiben estrear a obra para evitar represalias de Hitler; o que non impedirá que Alemaña invada Polonia. Co teatro semidestruído polos bombardeos, terán que enxeñar unha dobre trama teatral para impedir a entrega dun documento que acabaría coa Resistencia e para fuxir de Polonia. Isto supón que sexan eles mesmos quen, nun alarde interpretativo, se fagan pasar por nazis. No medio desta peripecia, os Tura terán que liquidar, aínda enriba, a irrupción no seu matrimonio dun mozo aviador.