Conferencia sobre SAÚDE DIXITAL E ADICCIÓNS con MANUEL ISORNA en Lugo
“As neuronas que van desaparecer, saúdanvos” é a nova conferencia que o doutor en Psicoloxía e profesor na Universidade de Vigo, Manuel Isorna Folgar, tráenos á Sede Afundación de Lugo o 16 de decembro. Dentro do ciclo Educación s. XXI, o encontro diríxese á comunidade escolar, sobre todo a alumnado de ESO, bacharelato e CF.
INSCRICIÓNS AQUÍ
Manuel Isorna Folgar é doutor en Psicoloxía e profesor da Universidade de Vigo. Cursou un mestrado sobre drogodependencias (1998) e outro sobre o Trastorno por déficit de atención con hiperactividade (TDAH) (2018), ademais dun curso de especialización en psicoloxía deportiva pola UNED (2000) e outro curso de especialización en mediación familiar, civil e mercantil (2021). Desenvolveu o seu labor profesional como responsable de prevención de drogodependencias do Concello de Catoira durante 25 anos, polo que recibiu en 2012 o Premio Raíña Sofía e en 2013 o premio da FEMP polas "Boas prácticas en Drogodependencias". Autor de numerosos libros e artigos científicos vinculados ao eido da educación, os adolescentes e o consumo de drogas. Exerce como presidente do comité organizador do Congreso Internacional sobre cannabis e os seus derivados: saúde, educación e lei. É profesor da academia galega de seguridade pública na que se forma ás forzas de seguridade do estado en temas de drogodependencias e condutas aditivas.
CICLO EDUCACIÓN S. XXI
Un programa de conferencias para dar a coñecer as últimas tendencias, estudos e teorías sobre Educación a toda a comunidade escolar, desde as familias ao propio estudantado e, por suposto, ao equipo docente. Grandes especialistas xa pasaron polos nosos edificios nas distintas cidades galegas, ofrecendo o seu enfoque profesional para apoiar a educación desde a casa e desde a escola.
MÁIS INFO AQUÍ.