2ª etapa do Camiño Inglés, de Neda a Pontedeume, Espazo +60 Vigo

O Espazo +60 Afundación de Vigo retoma o Camiño de Santiago, unha vez rematados nestes anos pasados, o Camiño Portugués da costa desde Porto e, o Camiño a Fisterra, esta vez, tócalle ao Camiño Inglés.
Unha das rutas máis concorridas do Camiño de Santiago, cuxo nome se debe a que chegaban os barcos do norte de Europa aos portos de Ferrol e A Coruña, xuntándose estes dous camiños na vila de Hospital de Bruma, para xa nun único percorrido seguir ata Santiago. Desde A Coruña son 74 km e dende Ferrol 118 km.
Unha vez rematada a etapa de Ferrol a Neda, o luns 24 de outubro sairán en autobús desde a Sede de Afundación ás 9.00 horas e chegarán ata o aparcadoiro de Neda, onde quedarán na primeira etapa.
Desde alí entrarán na localidade de Neda e non tardarán en atravesar Fene e despois Cabanas, para con posterioridade chegar á fermosa vila de Pontedeume. Etapa sinxela, de 14,5 km.
Será unha ruta onde unha vez máis terán boas panorámicas, primeiro á ría de Ferrol e despois ao val do río Eume e á ría de Ares.
Prezo de cada etapa:
Adultos: 20 € (inclúe autobús, guía e seguro)
Nenos ata 18 anos: 3 €
Prazas limitadas. É preciso anotarse no Espazo+60 Afundación Vigo
Se tes algunha consulta, podes contactar con nós no 986 223 337/ 986 120 071 ou por correo electrónico [email protected]
Datas das próximas etapas:
3ª Etapa.- 7 novembro
4ª Etapa.- 28 novembro
5ª Etapa.- 19 decembro