• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Educación transformadora
      • UIE
      • Ciclos formativos
      • Internacionalización
      • Fomento da RSC e a economía social
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Área Educativa
      • Oferta educativa
      • Axenda
      • Educación S. XXI
    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Envellecemento activo
    • Programas Espazos+60
      • Acompañamento +60
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Emocións e soidades
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite [email protected]
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Axenda
Axenda
Busca por...

Nome

Cidade

Data

Área

Público

Centro

Entrada

Modalidade

Teatro N.E.V.E.R.M.O.R.E. de Chévere en Vigo

Cultura Teatro Xeral De pago
Compartir:
  • ico-twitter En twitter
  • ico-facebook En facebook
  • LinkedIn En LinkedIn
Teatro N.E.V.E.R.M.O.R.E. de Chévere en Vigo
  • 27-01-2022 27-01-2022 Teatro N.E.V.E.R.M.O.R.E. de Chévere en Vigo A compañía Chévere presenta nova obra baseada na catástrofe do Prestige, nunha reflexión que vai alén dela e garda paralelismos coa pandemia. Colle xa as túas entradas soltas para as obras da Tempada de Abonos Afundación 2022 Teatro Afundación Vigo Policarpo Sanz, 13. Vigo (Pontevedra) Afundación [email protected] Europe/Madrid public true Engadir o calendario
  • ONDE:

    Teatro Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 13. Vigo (Pontevedra)

  • Datas:

    27 XAN 2022

  • Horario:

    20.30 h

  • Entrada:

    De pago
  • Modalidade:

    Presencial
Mercar

A partir de 13 anos.

NEVERMORE pódese referir tanto a corvos que falan como a pobos que berran, pero a intención é a mesma: facer memoria. A idea é seguir usando procedementos documentais para crear ficcións a partir da nosa memoria colectiva. Neste caso, Chévere disponse a comprobar se a historia do Prestige foi algo máis ca unha catástrofe ecolóxica, porque ao mellor é unha metáfora da hostia e haina que entender como un aviso do que estaba por chegar.

 

N.E.V.E.R.M.O.R.E é unha coprodución de Chévere e o Centro Dramático Nacional co apoio da AGADIC- Xunta de Galicia.

 

ELENCO Patricia de Lorenzo | Miguel de Lira | Manuel Cortés | Mónica García | Arantza Villar | Borja Fernández

IDEA E CREACIÓN Chévere

DRAMATURXIA E DIRECCIÓN Xron

 

Para nós N.E.V.E.R.M.O.R.E. é unha forma de acudir á memoria colectiva dun deses pobos que se poden borrar do mapa sen que pase nada. Un pobo que, así e todo, en decembro de 2002 fixo seu o berro do corvo e non se deixou convencer polas mentiras daqueles que aseguraban que todo volvería ser coma antes. Contar esta historia é tamén un conxuro para desfacer o feitizo que segue rodeando a catástrofe do Prestige, convertida nunha metáfora estrañamente perfecta desa cultura do petróleo que nos impide ver que hai máis alá da catástrofe, coma se non puidésemos habitar outro lugar que non fose ese. Coma se non fose posible encontrar un rinoceronte gris dentro dunha caixa negra.

A resposta social á catástrofe do Prestige foi o primeiro gran movemento cidadán do s. XXI en España, artellado na Plataforma Nunca Máis. Foi unha experiencia colectiva, porque como sociedade inscribimos unha marca sobre iso que pasaba. En medio da catástrofe apareceu un nós, un espazo aberto de participación, unha especie de comunidade. Por tanto, houbo unha subxectivación colectiva: un proceso de transformación da situación obxectiva en situación habitable, modificable, á que se lle podía dar outro significado. Esta subxectivación abriu outras posibilidades, outras narrativas. A xente actuou “desafiando e desbordando os sentidos establecidos, transformando as maneiras de ver e sentir, alterando os nomes e as descricións dadas desde arriba”.

POSTA EN ESCENA
A representación teatral como testemuño do vivido, do presenciado. O espazo como ausencia. O espectáculo concibido como unha caixa negra, sobre todo no sentido dunha maquinaria de rexistro de memoria. A caixa negra é como unha unidade de memoria. Culturalmente funciona como unha metáfora do testemuño persistente do que foi destruído. É o que queda despois do accidente.

Pero caixa negra tamén é a caixa escénica baleira, sen o aparato ilusionista e os decorados do teatro clásico. Por iso brincamos coa idea de integrar a tremoia á vista do público e xerar movemento de arriba a abaixo. Un lugar onde a escuridade permite outro tipo de aparicións e a luz amosa as tripas do escenario coma se fose o interior dun barco que naufragou e os actores e actrices, unha tripulación disposta a sacalo a flote outra vez.

 

Esta función enmárcase en Cultura por Alimentos, un programa solidario en colaboración coa Federación Española de Bancos de Alimentos, co obxectivo de contribuír, a través de doazóns, a incrementar os recursos dos Bancos de Alimentos de Galicia.

Convidámosvos a todas as persoas que asistades a este espectáculo a colaborar traendo produtos non perecedoiros, que poderedes depositar á entrada do teatro.

Entra aquí e infórmate!

NEVERMORE. Tempada de abonos de teatro 21
NEVERMORE. Tempada de abonos de teatro 21
NEVERMORE. Tempada de abonos de teatro 21
NEVERMORE. Tempada de abonos de teatro 21
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • UIE
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Envellecemento activo
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
Copyright 2020 © Fundación Galicia Obra Social
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    [email protected]
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    [email protected]
    986 120 078