Filme ALIEN, EL OCTAVO PASAJERO na Coruña
__narrow.jpg)
Co gallo da mostra internacional AI: MORE THAN HUMAN que podemos ver ata o mes de febreiro na Sede Afundación da Coruña (entradas AQUÍ), nace este ciclo de cinema cunha escolma de dez filmes que, baixo distintas aristas, presenta a relación do ser humano coa intelixencia artificial.
Alien, El Octavo Pasajero (Alien) RESERVA ENTRADA AQUÍ
Ridley Scott | Estados Unidos | 1979 | 117 min | NRM 12
V.O. subtitulada en castelán
GRATUÍTA
Imprescindible reserva previa en Ataquilla.com, sen custe.
A butaca poderase reservar ata 10 minutos antes do comezo da proxección e a partir dese intre, o acceso será de balde por orde de chegada ata encher a capacidade.
De regreso á Terra, a nave de carga Nostromo interrompe a súa viaxe e esperta a súa tripulación conformada por sete persoas. O ordenador central, MADRE, detectou a misteriosa transmisión dunha forma de vida descoñecida, procedente dun planeta próximo aparentemente deshabitado. A
nave diríxese así ao estraño planeta para investigar a orixe da comunicación.
Toda a información do ciclo AQUÍ.