Ciclo de conferencias AI: MORE THAN HUMAN na Coruña

16 DEC | 19.00 H | “Como superar o medo aos algoritmos” con LUCÍA VELASCO
Experta independente para a Comisión Europea e a OCDE, actualmente é Policy Fellow da Escola de Gobernanza Transnacional do Instituto Europeo de Florencia (EUI) onde traballa aspectos relacionados coa democracia e a intelixencia artificial.
27 DEC | 19.00 H | "Intelixencia Artificial e outras tecnoloxías emerxentes" con DAVID CASTIÑEIRA
Foi enxeñeiro de xacementos de Shell, vicepresidente de QRI, estudou un mestrado en Intelixencia Artificial en Harvard e foi investigador de MIT. Actualmente é directivo de Hess Corporation.
10 XAN | 19.00 H | “Cara á IA, sen medo: Fundamentos para unha IA Humana e Admisible” con ANTONIO TORRADO
Socio-director da área de Big Data & Advanced Analytics de SDG Group.
19 XAN | 19.00 H | "Retos para a convivencia humano-robot" con CONCHA MONJE
Enxeñeira Robótica. Universidade Carlos III. Doutora en Enxeñaría Industrial na Escola de Enxeñerías Industriais da Universidade de Extremadura.
Este ciclo enmárcase na iniciativa CULTURA POR ALIMENTOS que levamos a cabo en colaboración con FESBAL e que pretende achegar alimentos de primeira necesidade aos bancos de alimentos locais. Colabora, achegando a túa doazón de alimentos non perecedoiros ao acceder ás actividades.
AQUÍ máis información.