Ciclo de Historia da arte: Da arte e os seus oficios. Interdisciplinar (II)
O 2 de outubro comeza o novo ciclo de Historia da arte coa profesora Marta Riera, doutora en Belas Artes, onde se tratarán as conexións entre a arte e os seus oficios.
02/10 A mirada cómplice. Moroni, Lotto
09/10 O triple salto mortal de Bernini
16/10 As camaradas construtivistas
23/10 O voo ao infinito de Brancusi
30/10 Dende aquí, dende a miña casa: Palacios
06/11 Testemuño de García Rodero
13/11 Un Xenovés por descubrir
20/11 Saul Bass presenta...
As clases impartiranse soamente de xeito presencial. Gravaranse e enviaranse posteriormente aos inscritos.
Prezo: 60€. Apúntate cubrindo o formulario. Se tes algunha dúbida, podes contactar con nós no 986 223 337 ou por correo electrónico [email protected]