Conferencia con SUSANA RODRÍGUEZ GACIO «Constancia, cabeza e corazón», en Vigo
«Constancia, cabeza e corazón» é o título da nova conferencia de Educación s. XXI a cargo da triatleta paralímpica Susana Rodríguez Gacio. Ela é a protagonista do encontro no que nos vén falar sobre como lle afecta e como enfronta a súa discapacidade no deporte e no día a día. Será na Sede Afundación de Vigo o venres 1 de marzo, ás 19.00 h.
escolares | INSCRICIÓN
público xeral | RESERVA DE BALDE Ataquilla.com
Se non podes asistir, tamén podes vela en streaming AQUÍ, a través da nosa canle AfundaciónTV.
A superación, a loita e o esforzo, levaron a Susana, médica de profesión, ao máis alto do podio e da súa vida. Susana, que acaba de recibir o Premio Nacional de Deporte xunto con Carlos Alcaraz, é, sen dúbida, toda unha inspiración. Como ela mesma di: «os límites existen, pero hai que achegarse a eles o máximo posible».
Esta conferencia entra dentro dunha serie de encontros que programamos desde Afundación sobre motivación e diversidade como sinónimo de excepcionalidade para a comunidade educativa. Trátase de historias reais que presentan enfoques positivos e necesarios ante as persoas con discapacidade, que poidan servir a escolares e ás súas familias como inspiración e, tamén, como espazos para a empatía e a normalización.
O encontro enmárcase dentro do programa CULTURA POR ALIMENTOS impulsado por Afundación, a Obra Social ABANCA, en colaboración coa Federación Española de Bancos de Alimentos para incrementar os recursos do banco de alimentos local. Convidamos todas as persoas que asistan a este evento a colaborar con esta campaña solidaria coa doazón de produtos non perecedoiros, que poderán depositar á entrada do recinto.
CICLO EDUCACIÓN S. XXI
Un programa de conferencias para dar a coñecer as últimas tendencias, estudos e teorías sobre Educación a toda a comunidade escolar, desde as familias ao propio estudantado e, por suposto, ao equipo docente. Grandes especialistas xa pasaron polos nosos edificios nas distintas cidades galegas, ofrecendo o seu enfoque profesional para apoiar a educación desde a casa e desde a escola.
MÁIS INFO AQUÍ.