Ciclo literario: “Entre liñas: encontros. Poetas pioneiras do século XX: Mulleres que alzaron o voo”
Ciclo literario sobre as poetas pioneiras do século XX que conquistaron un terreo ata entón reservado case exclusivamente aos homes. Valentes e perseverantes, cultas, ben preparadas, amosaron o seu corazón e compartiron os seus soños, alumeando unha poesía nova e sui géneris.
Amor, anhelo, soidade, dó, raíces, desarraigamento, maternidade… O seu imaxinario, en verdade, abriu insospeitadas vertentes e a singularidade da súa voz culminou nunha nova perspectiva estética. Elas influíron decisivamente na cultura, a estética e a sociedade, porén son as grandes esquecidas.
O ciclo, que será impartido por Teresa Zataraín, busca achegarse á súa poesía, coñecer as súas vidas apaixonantes e gozar das pioneiras en toda a súa dimensión.
I. Aquelas primeiras poetas: historia de reos e proezas (20 xaneiro)
II. María Zambrano. Mente filosófica en alma de poeta. A gran contadora… (27 xaneiro)
III. Gabriela Mistral. A Nobel de Literatura que foi amiga das mulleres (3 febreiro)
IV. Julia de Burgos. O prezo da liberdade; soa na Gran Manzana (10 febreiro)
V. Dulce María Loynaz. A vida é soño; o final, unha casa en ruinas (17 febreiro)
Prezo: 40€
Apúntate no Espazo +60 antes do 14 de xaneiro.