CIRCLÁSSICA 2. El sueño de Miliki en Vigo
O mes de outubro trae a representación do espectáculo CIRCLASSICA. El sueño de Miliki.
Esta nova proposta de Emilio Aragón poderá verse no Teatro Afundación de Vigo, entre o 6 e o 9 de outubro, e no Auditorio ABANCA de Santiago de Compostela, do 21 ao 23 de outubro.
As entradas pódense adquirir na web Ataquilla.com.
Despois da súa exitosa presentación en Madrid, con máis de 200 000 espectadores, chega a Galicia CIRCLASSICA. El sueño de Miliki. Productores de Sonrisas volve cativar a espectadores de todas as idades, con números de circo e unha espectacular posta en escena, vestiario e escenografía. Dirixido por Emilio Aragón, en palabras dos seus creadores «consegue reencontrarnos con ese neno que todos levamos dentro a través dunha preciosa viaxe á nostalxia e á ilusión. Un entrañable e emotivo espectáculo de circo, que é tamén unha homenaxe ao querido e inesquecible Miliki».
En CIRCLASSICA. El sueño de Miliki distintas xeracións rememorarán a súa infancia a través da música. Será coa historia de Miliki, un neno de 7 anos que soña con ser pallaso. O seu desexo é facer rir a xente e compoñer cancións, e así poder viaxar polo mundo cantándoas no seu marabilloso circo. O poder do seu desexo é tan forte que o seu mundo asolágase de luz, música, cor, acróbatas, malabaristas, músicos e trapecistas. Entre todos destacan dous personaxes «requetefinos e medio chiflados»: Don Pepito e Don José, que lle guiarán para que poida cumprir o seu soño e conseguir o seu ansiado nariz de pallaso.