Conferencia con RAFA GUERRERO «Neurobioloxía do estrés na relación profesorado-alumnado» na Coruña
Nova conferencia do ciclo EDUCACIÓN S. XXI, a cargo de Rafael Guerrero. Nesta ocasión, baixo o título «Neurobioloxía do estrés na relación profesorado-alumnado» o psicólogo explica os mecanismos que se alteran no noso organismo ante situacións estresantes nas aulas, intentando así achegar claves e estratexias para alumnado e docencia sobre como enfrontar esas tarefas que presentan dificultade emocional.
Inscríbete gratis AQUÍ.
Ideas clave:
- Panorámica xeral do sistema educativo
- Funcionamento cerebral
- Modelo pedagóxico dos catro cerebros
- Teoría Polivagal de PORGES
- Secuestro da amígdala de LEDOUX
- As neuronas espello
- Estrés e medo no noso estudantado
- Características do profesorado transformador
- Empatía
- Estratexias concretas para reducir a hiperactivación amigdalar dos nosos alumnos
Podes seguila tamén a través de Afundación TV.
Esta conferencia encádrase no programa de CULTURA POR ALIMENTOS. Os asistentes deben colaborar traendo alimentos non perecedoiros que deben depositar nas caixas habilitadas á entrada da nosa Sede Afundación da Coruña.