TEATRO EN INGLÉS para escolares. Curso 2021-2022

Inscríbete coa túa clase na web www.escolares.afundacion.org, entrando en Acceso Centros co código e contrasinal do teu centro, e seleccionando a provincia á que pertence a túa localidade.
Número mínimo de alumnado, 50. Grupos máis pequenos, consultar no teléfono 986 120 089.
Datas: febreiro - marzo - abril - maio
Entrada: 3 €
Wilbur’s Adventure
On Stage Company
Teatro de actor
Inglés, 40 minutos
INFANTIL
Unha aventura interactiva que celebra as diferenzas e a riqueza da diversidade e da amizade, mentres repasa conceptos básicos do inglés. Especificamente deseñada para alumnado de 3 a 5 anos, “Wilbur’s Adventure” divirte, estimula e incita a participar aos e ás máis pequenas cunha linguaxe sinxela, unha historia lineal, cancións e comedia física.
Three Eggs, Two Birds and a King
On Stage Company
Teatro de actor
Inglés, 50 minutos
PRIMARIA
O rei abdica! Demasiado traballo, non hai volta atrás, retírase… O reino é peculiar e o trono non se herda nin se gaña no campo de batalla. Todo aquel que queira ser o próximo Rei ou Raíña pode pasarse polo palacio e participar na competición. Poderán Samantha Frankenstein e o seu fiel lacaio Igor facerse co trono? Será Victoria Rochefeler e a súa lexión de followers a nova Raíña?
Descúbreo nesta aventura sobre a honestidade e a importancia do xogo limpo. Unha experiencia motivadora e divertida, totalmente en inglés e interpretada por elenco nativo.
Flatmates
On Stage Company
Teatro de actor
Inglés, 45-50 minutos
SECUNDARIA e BACHARELATO
Cun formato clásico de “sitcom”, no que todo sucede fronte ao espectador, desenvólvese unha comedia intelixente e para esmendrellarse da risa sobre a convivencia, a amizade e a eterna disputa: libros, pelis ou videoxogos? O teatro participativo será a ferramenta máis útil, práctica e divertida de aprender o inglés.
Un sofá, dúas caixas con disfraces e as súas ganas de pasalo ben son todo o que Sam e Sammy, os nosos protagonistas, necesitan para arrastrarnos a unha disparatada batalla entre personaxes de videoxogo, novelas e películas! Só pode quedar un e o perdedor enfrontarase a un destino fatal… limpar a casa!