Exposición A NOSA ARTE. Colección do Parlamento de Galicia, na Coruña
Chega á Coruña unha mostra cativadora, ademais de necesaria, que nos amosa as pezas de arte atesouradas durante anos por unha das nosas institucións máis sobranceiras. Presentamos na Sede Afundación A Coruña a exposición «A NOSA ARTE. Colección do Parlamento de Galicia», un percorrido gorentoso polas grandes obras de arte da cámara galega, un total de 37 pezas da súa Colección, que significan unha memoria viva das diferentes etapas históricas que ao longo dos últimos cen anos determinaron as tendencias artísticas adoptadas en Galicia. Vena descubrir canda nós do 13 de xuño ao 31 de agosto, no noso edificio do Cantón Grande.
comisariado | MARÍA VICTORIA CARBALLO CALERO, FELIPE SENÉN e CARLOS VALLE
VISITAS GUIADAS
Para grupos, previa reserva:
PÚBLICO INFANTIL e ADOLESCENTE (Adaptadas a todas as idades con obradoiros STEAM/ sostibilidade)
PÚBLICO ADULTO
2 €/ persoa
PÚBLICO XERAL | 4 XUL e 8 AGO | 12.00 h (Máx. 25 persoas)
Cultura por Alimentos
Máis información e reservas en [email protected] ou no 981 18 65 49
CULTURA POR ALIMENTOS
Coñeces o noso programa solidario? Accede a toda a información desde a nosa web para coñeceres todas as actividades culturais que podes realizar nos nosos recintos por un intercambio de alimentos non perecedoiros, destinados aos bancos de alimentos locais. Esta exposición e as súas visitas guiadas para público xeral forman parte da rede de actividades adheridas á iniciativa, polo que te convidamos a deixares a túa doazón á entrada do edificio, no punto habilitado.
A ilusión compartida que nos move! Infórmate aquí
En colaboración con FESBAL.
O Parlamento de Galicia atesoura unha das máis valiosas e variadas coleccións públicas de arte galega contemporánea. Un auténtico tesouro froito da talento creativo dos seus autores e autoras e tamén do compromiso inequívoco coa arte galega dos diferentes equipos reitores da Cámara lexislativa.
A dimensión cuantitativa e cualitativa que esta colección de arte foi adquirindo co paso do tempo, desde aquel arredado 19 de decembro de 1981, cando o Parlamento de Galicia botaba a andar nunha sede que nin sequera era de seu, o Pazo de Xelmírez, fai que se redobren os esforzos para dala a coñecer, tanto entre os expertos como entre o público en xeral.
Descarga embaixo o folleto dixital da mostra!
En colaboración co Parlamento de Galicia, a Xunta de Galicia e a Real Academia Galega de Belas Artes.
Aproveita para visitares a nosa axenda web completa e decátate de todas as propostas culturais que che ofrecemos ao longo do mes, ademais na nosa ticketeira Ataquilla.com tes moitas máis actividades, desde concertos a monólogos, teatro, danza, etc. Descubre un mundo de posibilidades de lecer ao teu alcance!