Exposición GARCÍA-GESTO. A inquietude creativa, en Lugo
![Exposición GARCÍA-GESTO. A inquietude creativa, en Lugo Exposición GARCÍA-GESTO. A inquietude creativa, en Lugo](https://www.afundacion.org/images/cesionsalas/87585/4586_sobremesa_2008__narrow.png)
Ata o 25 de maio, visita a nosa Sede Afundación de Lugo e somérxete na arte do pintor Joaquín García-Gesto.
VISITA GUIADA público xeral | INSCRICIÓN
xoves 25 ABR | 19.00 h
xoves 23 MAI | 19.00 h
GRATUÍTAS!
Capacidade limitada.
"A mostra retrospectiva do pintor que nos ofrece Afundación formula un percorrido cronolóxico, vital, a través dunha escolma de obras feita polo propio autor. Convídanos a percorrer as diferentes etapas da súa produción e a comprobar a súa versatilidade, tanto para escoller os temas como para aplicar as técnicas e os materiais. As pezas expostas evidencian os anos de formación, a asimilación dos procedementos artísticos, o intercambio de ideas e experiencias con outros artistas. Mais, sobre todo, confírmannos a capacidade do pintor para reactivarse e a cada volta, asumir novos retos cos que manter a súa paixón pola pintura".
Lucila Yáñez
Esta exposición enmárcase no programa solidario CULTURA POR ALIMENTOS, en colaboración con FESBAL. Convidámoste a colaborares con alimentos non perecedoiros que podes depositar no acceso ao edificio, e que serán destinados aos bancos de alimentos locais.
En breve, más información.