• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Área educativa
      • IESIDE
      • Formación profesional
      • Oferta educativa
      • Axenda
      • Educación S. XXI
    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Envellecemento activo
    • Programas Espazos+60
      • Acompañamento +60
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Emocións e soidades
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite [email protected]
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Axenda
Axenda
Busca por...

Nome

Cidade

Data

Área

Público

Centro

Entrada

Modalidade

Exposición SIRO LÓPEZ E XAVIER ALCALÁ. 50 ANOS CON GALAXIA, en Ferrol

Cultura Exposicións Xeral Gratuíta
Compartir:
  • ico-twitter En twitter
  • ico-facebook En facebook
  • LinkedIn En LinkedIn
Exposición SIRO LÓPEZ E XAVIER ALCALÁ. 50 ANOS CON GALAXIA, en Ferrol
  • 28-06-2022 29-09-2022 Exposición SIRO LÓPEZ E XAVIER ALCALÁ. 50 ANOS CON GALAXIA, en Ferrol En colaboración coa Editorial Galaxia, amosamos unha selección de ilustracións orixinais do debuxante Siro López, ademais das da novela Alén da desventura de Xavier Alcalá Sede Afundación Ferrol Praza da Constitución s/n. Ferrol (A Coruña) Afundación [email protected] Europe/Madrid public true Engadir o calendario
  • ONDE:

    Sede Afundación Ferrol

    Praza da Constitución s/n. Ferrol (A Coruña)

  • Datas:

    27 XUÑ A 27 SET 2022

  • Horario:

    LUNS A VENRES 11.00 a 14.00 e 17.00 a 20.00 h

    SÁBADOS 11.00 a 14.00 e 17.00 a 19.00 h

    DOMINGOS E FESTIVOS pechado

    AGOSTO pechado

  • Entrada:

    Gratuíta
Apúntate

Arrinca a exposición "SIRO LÓPEZ E XAVIER ALCALÁ. 50 ANOS CON GALAXIA", unha homenaxe aos dous artistas ferroláns que se anoan neste proxecto a través da novela de Alcalá Alén da desventura.  

 

ACTO INAUGURAL | 27 XUÑO | 19.00 h

Coa participación de Xavier Alcalá, Siro López, Ángel Mato (alcalde de Ferrol), Antón Vidal (presidente de Galaxia) e Marité Cores (coordinadora de Cultura Afundación).

Inscríbete AQUÍ!

 

Na exposición poderemos ver impresións dos orixinais dixitais de Alén da desventura a tamaño A2, once ilustracións en cor inéditas que representan os personaxes da novela no seu contexto; unha selección de ilustracións orixinais para outros libros de Galaxia, un retrato de Siro López e de Xavier Alcalá, realizados polo propio Siro, e un cartel cunha ilustración, composto por Hayat.

Sobre os debuxos da novela, reflíctense os diferentes personaxes de cada capítulo:

Capítulo I) Don Rodrigo Aneiros, capitán do Exército 

Capítulo II) Isaiah Morris, garda mariña da Royal Navy

Capítulo III) Don Gabriel de Alcaraz, comisario do arsenal

Capítulo IV) Xefe indio de tribo ona 

Capítulo V) Reverendo Padre Álvaro da Bouza

Capítulo VI) Don Xoán Bermúdez de Covas, enxeñeiro do arsenal

Capítulo VII) Ancapán, cacique dos indios serráns

Capítulo VIII) Don Pedro Zelada, enxeñeiro do estaleiro

Capítulo IX) Frei Pedro Sineiro de Malpica, misioneiro

Capítulo X) Don Antonio Rodríguez de Vilasanche, contador de navío

Capítulo XI) Mestre Ramón Allegue, escribán

 

Siro López é ferrolán de raza e Xavier Alcalá, fillo do aluvión humano á cidade dos estaleiros e a Mariña. Siro é de 1943, Xavier do 47. Con moita probabilidade xa se cruzarían por rúas e prazas de Ferrol sendo o Siro un neno grande e o Xavier un picariño. Non coincidiron no instituto Concepción Arenal mais, por razóns de herdanza no caso do Siro e de curiosidade intelectual no do Xavier, o galeguismo xermolara dentro deles cando se foron atopar o un como debuxante e o outro como letrista de cancións. Pouco tardaron no seu primeiro encontro artístico: Siro ilustrou as crónicas do Xavier en El Ideal Gallego.

Nesa altura Ben-Cho-Shey en Madrid trataba de salvar da censura a primeira colaboración entre ambos en formato de libro, Voltar (seis personaxes e un fado). Grazas á teimosía galeguista de Ben-Cho-Shey e Ramón Piñeiro, hai agora 50 anos saíu da imprenta o libro.

A partir dese momento, a relación do debuxante, humorista e ilustrador, e a do novelista e cronista, tivo froitos significativos coma o de O Galego Hoxe, o método de lingua ilustrado que publicou La Voz de Galicia. Ao tempo, ambos seguiron a colaborar coa Editorial Galaxia, cada quen coas súas capacidades creativas.

Logo de cinco décadas de colaboración, xurdiu en Galaxia a idea de facerlles unha homenaxe conxunta en base á exposición de obras, conferencias e a reedición dunha novela de Xavier Alcalá baseada en feitos do Ferrol da Ilustración que levaron, por vía mariña, a lugares exóticos. Decidiuse reeditar Alén da desventura ilustrada por Siro. Na novela, galardoada co Premio Blanco-Amor, aparecen personaxes dezaoitescos que o ollo agudo de Siro identificou polas descricións do novelista, quen, á súa vez se inspirara en persoas coñecidas por el.

 

CHARLAS

Ademais da exposición, organízanse varios encontros relacionados: 

  • Mércores 29 XUÑ | 19.00 h 
    Charla sobre Alén da desventura: "Século XVIII: expedicións navais ao Mar Austral”. Con Juan Antonio Rodríguez-Villasante e Xavier Alcalá.

  • Mércores 6 XUL | 19.00 h 
    Presentación da nova edición de Alén da desventura. Con Xavier Alcalá, Siro López, Vicente Araguas e Francisco Castro.

  • Xoves 13 XUL | 19.00 h 
    Charla sobre Galaxia: “Galaxia, 72 anos de facermos país”. Con Antón Vidal e Verónica Rego.

 

Esta exposición enmárcase en CULTURA POR ALIMENTOS, unha iniciativa de Afundación en prol de FESBAL (Federación Española de Bancos de Alimentos). Accede e colabora doando algún alimento non perecedoiro que irá destinado ao banco de alimentos local.

Entra aquí e infórmate polo miúdo.

Exposición SIRO LÓPEZ E XAVIER ALCALÁ. 50 ANOS CON GALAXIA
Exposición SIRO LÓPEZ E XAVIER ALCALÁ. 50 ANOS CON GALAXIA
Exposición SIRO LÓPEZ E XAVIER ALCALÁ. 50 ANOS CON GALAXIA
Exposición SIRO LÓPEZ E XAVIER ALCALÁ. 50 ANOS CON GALAXIA
Exposición SIRO LÓPEZ E XAVIER ALCALÁ. 50 ANOS CON GALAXIA
Exposición SIRO LÓPEZ E XAVIER ALCALÁ. 50 ANOS CON GALAXIA
Exposición SIRO LÓPEZ E XAVIER ALCALÁ. 50 ANOS CON GALAXIA
Exposición SIRO LÓPEZ E XAVIER ALCALÁ. 50 ANOS CON GALAXIA
Exposición SIRO LÓPEZ E XAVIER ALCALÁ. 50 ANOS CON GALAXIA
Exposición SIRO LÓPEZ E XAVIER ALCALÁ. 50 ANOS CON GALAXIA
Exposición SIRO LÓPEZ E XAVIER ALCALÁ. 50 ANOS CON GALAXIA
Exposición SIRO LÓPEZ E XAVIER ALCALÁ. 50 ANOS CON GALAXIA
SIRO LÓPEZ E XAVIER ALCALÁ. 50 ANOS CON GALAXIA
SIRO LÓPEZ E XAVIER ALCALÁ. 50 ANOS CON GALAXIA
SIRO LÓPEZ E XAVIER ALCALÁ. 50 ANOS CON GALAXIA
SIRO LÓPEZ E XAVIER ALCALÁ. 50 ANOS CON GALAXIA
SIRO LÓPEZ E XAVIER ALCALÁ. 50 ANOS CON GALAXIA
SIRO LÓPEZ E XAVIER ALCALÁ. 50 ANOS CON GALAXIA
SIRO LÓPEZ E XAVIER ALCALÁ. 50 ANOS CON GALAXIA
SIRO LÓPEZ E XAVIER ALCALÁ. 50 ANOS CON GALAXIA
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Envellecemento activo
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
Copyright 2020 © Fundación Galicia Obra Social
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    [email protected]
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    [email protected]
    986 120 078