• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Área educativa
      • IESIDE
      • Formación profesional
      • Oferta educativa
      • Axenda
      • Educación S. XXI
    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Envellecemento activo
    • Programas Espazos+60
      • Acompañamento +60
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Emocións e soidades
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite [email protected]
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Axenda
Axenda
Busca por...

Nome

Cidade

Data

Área

Público

Centro

Entrada

Modalidade

Exposición INDÓMITAS. Historias que abren camiños, en Lugo

Cultura Exposicións Xeral Gratuíta
Compartir:
  • ico-twitter En twitter
  • ico-facebook En facebook
  • LinkedIn En LinkedIn
Exposición INDÓMITAS. Historias que abren camiños, en Lugo
  • 19-10-2022 25-01-2023 Exposición INDÓMITAS. Historias que abren camiños, en Lugo Varias mulleres irrompen en escena cun carácter irreverente facendo gala daquilo ao que se dedican profesionalmente. Profesións duras, especializadas ou sensibles, pero sobre todo, complexas nun mundo patriarcal Sede Afundación Lugo Praza Maior, 16 / Praza Santa María, s/n. Lugo (Lugo) Afundación [email protected] Europe/Madrid public true Engadir o calendario
  • ONDE:

    Sede Afundación Lugo

    Praza Maior, 16 / Praza Santa María, s/n. Lugo (Lugo)

  • Datas:

    19 OUT a 21 XAN 2023

  • Horario:

    LUNS a SÁBADOS 17.30 a 20.30 h

    DOMINGOS e FESTIVOS, PECHADO

  • Entrada:

    Gratuíta

A mostra INDÓMITAS chega agora á Sede Afundación Lugo para que coñezamos o traballo de doce mulleres afoutas, abrindo camiños nada doados a partir das súas diferentes apostas profesionais. Podes visitala ata o 21 de xaneiro de 2023.

 

VISITA GUIADA INAUGURAL | 19 OUT | 18.30 h

Con SILVIA OVIAÑO | comisaria

 

faladoiro MULLERES INDÓMITAS. HISTORIAS INSPIRADORAS | 9 NOV | 19.00 h | Inscríbete AQUÍ

Con Carmen Lens do Grupo Leche Río, Laura Lorenzo de Daterra Viticultores, e Patricia González xogadora do Pescados Rubén Burela FS. Modera Silvia Oviaño.

MÁIS INFO AQUÍ!

 

 

O proxecto, enmarcado no ODS número 5 de igualdade de xénero, reflexiona sobre o momento decisivo actual no ámbito da equidade entre xéneros, presentando estas mulleres que foron pioneiras de diferentes xeitos nos seus ámbitos e que son modelo tanto no momento presente como para as vindeiras xeracións.

Esta mostra audiovisual artéllase en torno a cinco indómitas do ámbito español, e sete do galego con historias moi diferentes tras de si: Paula Mouzo, percebeira de Camariñas; Laura Lorenzo, viticultora na Ribeira Sacra; Luisa Méndez, escaladora; Lula Goce, artista urbana e muralista; Tanxugueiras, grupo musical integrado por Sabela Maneiro, Olaia Maneiro e Aida Tarrío; Nuria Bravo, pilota de helicópteros; Rocío Antela, mineira e enxeñeira de minas; Teresa Bedman, exiptóloga; Almudena Bernabeu, avogada especializada en dereitos humanos; e Alicia Sornosa, primeira española que deu a volta ao mundo en moto en solitario.

Todas elas representan modelos inspiradores en profesións e ámbitos tradicionalmente non conquistadas por mulleres. Grazas a estes exemplos, enriquécense os referentes de cara a construír unha sociedade máis xusta, tolerante e equitativa. O traballo fotográfico e audiovisual asínano os recoñecidos autores Ofelia de Pablo e Javier Zurita, quen viaxaron por máis de 70 países documentando temas de dereitos humanos e ambientais. En 2011 fundaron Hakawatifilm, unha produtora dedicada a contar historias que espertan conciencias e avogan por un cambio positivo. A compañía está á vangarda da linguaxe multimedia, xerando traballos que foron amplamente recoñecidos no mercado internacional e publicando para varios dos mellores medios do mundo: The Guardian, The New York Times, Der Spiegel, National Geographic ou TIME, entre outros. Foron xurado de importantes concursos internacionais e imparten charlas e obradoiros como Canon Pro Master. «Indómitas» é o primeiro proxecto que levan a cabo en España.

O comisariado e textos de «Indómitas» corresponden a Silvia Oviaño. Con grande experiencia no ámbito da fotografía, Oviaño destaca como comisaria de exposicións e xestora cultural con proxectos creativos e de marcado ton comprometido. É fundadora de Caravan Proyectos de Cultura e do Festival Mar de Mares. Entre outras, comisariou exposicións como «Terras de salitre. Cristina Mittermeier», que itinerou polas sedes de Afundación.

 

ACTIVIDADES EDUCATIVAS

Visita obradoiro STEAM | INFANTIL A 3º PRIMARIA | 2 € escolar
Dime espelliño máxico quen é a moza máis intelixente e capaz… A madrasta de Brancaneves xa non é mala e Brancaneves cansou de limpar. Neste lugar xa nada é o que semella e todo é o que quere aparentar...

Visita obradoiro STEAM | 4º PRIMARIA A 2º ESO | 2 € escolar
Contos para reescribir. Menos mal que estamos todas e todos nós para poñérmonos no noso sitio e darlle un bo lugar ao resto de persoas.

Visita obradoiro | BACHARELATO e C.F. | 2 € escolar
Indómitas. Historias de superación, historias de igualdade.

 
Información e reservas: [email protected] | 636 991 776

 

Esta exposición enmárcase na iniciativa CULTURA POR ALIMENTOS que levamos a cabo en colaboración con FESBAL e que pretende achegar alimentos de primeira necesidade aos bancos de alimentos locais. Colabora, achegando a túa doazón de alimentos non perecedoiros ao acceder á exposición.

AQUÍ máis información.

Indómitas. © Ofelia de Pablo/Javier Zurita/Hakawati
Indómitas. © Ofelia de Pablo/Javier Zurita/Hakawati
Lula Goce ultima o mural para o CEIP Fontes-Baíña de Baiona © Ofelia de Pablo e Javier Zurita/Hakawatifilm para Indómitas
Lula Goce ultima o mural para o CEIP Fontes-Baíña de Baiona © Ofelia de Pablo e Javier Zurita/Hakawatifilm para Indómitas
Rocío Antela á entrada do pozo de Santiago, en Mieres © Ofelia de Pablo e Javier Zurita/Hakawatifilm para Indómitas
Rocío Antela á entrada do pozo de Santiago, en Mieres © Ofelia de Pablo e Javier Zurita/Hakawatifilm para Indómitas
Tanxugueiras en concerto no Barco de Valdeorras. © Ofelia de Pablo e Javier Zurita/Hakawatifilm para Indómitas
Tanxugueiras en concerto no Barco de Valdeorras. © Ofelia de Pablo e Javier Zurita/Hakawatifilm para Indómitas
© Ofelia de Pablo e Javier Zurita/Hakawatifilm para Indómitas
© Ofelia de Pablo e Javier Zurita/Hakawatifilm para Indómitas
Indómitas
Indómitas
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Envellecemento activo
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
Copyright 2020 © Fundación Galicia Obra Social
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    [email protected]
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    [email protected]
    986 120 078