• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Área educativa
      • IESIDE
      • Formación profesional
      • Oferta educativa
      • Axenda
      • Educación S. XXI
    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Envellecemento activo
    • Programas Espazos+60
      • Acompañamento +60
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Emocións e soidades
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Axenda
Axenda
Busca por...

Nome

Cidade

Data

Área

Público

Centro

Entrada

Modalidade

Exposición AI: MORE THAN HUMAN na Coruña

Cultura Exposicións Xeral De pago
Compartir:
  • ico-twitter En twitter
  • ico-facebook En facebook
  • LinkedIn En LinkedIn
Exposición AI: MORE THAN HUMAN na Coruña
  • 01-09-2022 05-02-2023 Exposición AI: MORE THAN HUMAN na Coruña Á venda as túas entradas en Ataquilla.com! Mediante instalacións artísticas inmersivas, a exposición ofrece a oportunidade de interactuar coas pezas expostas para experimentar as posibilidades da intelixencia artificial de primeira man Sede Afundación A Coruña Cantón Grande, 8. A Coruña (A Coruña) Afundación socioculturales@afundacion.org Europe/Madrid public true Engadir o calendario
  • ONDE:

    Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. A Coruña (A Coruña)

  • Datas:

    5 SET 2022 a 5 FEB 2023

  • Horario:

    LUNS 17.30 a 20.30 h

    MARTES A DOMINGO 12.00 a 14.00 e 17.30 a 20.30 h

    O último pase será 1 hora antes do peche. Recomendamos puntualidade segundo a hora de reserva. 
  • Entrada:

    De pago
Mercar

Presentamos AI: More than Human, un ambicioso proxecto expositivo inmersivo e interactivo sobre intelixencia artificial.

Cunha impoñente montaxe que ocupará todo o edificio do Cantón herculino, AI: More than Human configura un estudo sen precedentes dos avances tanto creativos como científicos da intelixencia artificial, así como da evolución da relación entre os seres humanos e a tecnoloxía.

Ata o 5 de febreiro na Sede Afundación A Coruña.

 

VISITAS GUIADAS

A exposición conta con sesións de VISITAS GUIADAS EXPLICATIVAS todos os días e para familias en datas determinadas: 
Visitas familiares (recomendadas para grupos con menores de 12 anos)
9, 23 e 30 XAN | 17.00 h
Visitas guiadas persoas adultas
Luns a venres | 19.00 h

Duración 1 h 15 min

 

A mostra realiza un percorrido completo a través da historia da Intelixencia Artificial, desde as súas ancestrais orixes ancoradas na relixión sintoísta xaponesa ou no mito xudeu do Golem, pasando polos primeiros experimentos informáticos de Ada Lovelace e Charles Babbage, ou os importantes avances realizados durante a década de 1940 e ata a actualidade. Para iso, AI: More than Human reúne algúns dos proxectos de investigación actuais máis destacados, realizados por institucións como o Massachussets Institute of Technology (MIT), Sony Computer Science Laboratories, Google Research, o Departamento de Informática de Imperial College de Londres ou DeepMind Technologies, con instalacións artísticas que exploran as posibilidades creativas da IA nas súas obras, como o músico Kode9, ou o galardoado artista tecnolóxico Yoichi Ochiai entre outros.

 

SECCIÓNS 

«The Dream of AI» é a primeira parada no percorrido. Nela demóstrase que os inicios da Intelixencia Artificial son moito máis antigos do que normalmente se cre, xa que se remonta a tradicións relixiosas coma o xintoísmo xaponés ou a cultura xudía. Comprender como este desexo histórico de dar vida a seres inertes permitiu ao home explorar o seu lugar no mundo axuda a entender a súa percepción e relación coa tecnoloxía.

A segunda sección da exposición leva por nome «Mind Machines» e mostra como a Intelixencia Artificial cobra forma grazas aos avances informáticos e matemáticos dos séculos XIX e XX, e como estes seguiron expandíndose a gran velocidade no século XXI dando á tecnoloxía capacidades espectaculares como ocorre coas redes neuronais artificiais. As persoas visitantes terán a oportunidade de ver e interactuar con proxectos de investigación e sistemas punteiros neste campo. Entre eles atópanse desenvolvementos históricos como a máquina Enigma e a máquina Bombe de Alan Turing, elementos clave no transcurso da II Guerra Mundial. Pero tamén os desenvolvementos máis recentes de empresas como DENSO Corporation, que expón o seu brazo robótico, e o departamento de Arte e Cultura de Google, que presenta unha obra interactiva que achega a intelixencia artificial á poesía británica do século XIX, entre outras moitas obras.

«Data Worlds» é a terceira sección de AI: More than Human. Nela ofrécese unha análise da infinidade de aplicacións que ten esta tecnoloxía, así como a súa incorporación a campos como a sanidade, o xornalismo ou o comercio. As obras desta sección achegan a e o visitante ás cuestións éticas e morais que rodean actualmente a Intelixencia Artificial e analiza como afectan no día a día, contando con desenvolvementos entre os que se atopan un simulador de condución con análise facial ou un sistema capaz de converter os obxectos que perciba en pinturas en tempo real.

«Endless Evolution» é a última sección do percorrido e céntrase na área de investigación coñecida como A-Life a cal amosa como a Intelixencia Artificial se fusiona con outras disciplinas para cambiar a nosa idea do que chamamos «natural». Aquí, o visitante poderá ver, por exemplo, como millóns de copias dun álbum musical poden ser codificadas en ADN e gardadas dentro de botes de spray, ou mesmo recender as flores dunha árbore que se extinguiu hai máis de 100 anos.

 

INSTALACIÓNS ESPECIAIS
Complementando a estas catro secciones principais, a exposición tamén conta cunha serie de instalacións especiais como Future You, creada especialmente para AI: More than Human, que permite á persoa visitante enfrontarse ao seu sintético do futuro. Poderá observar como o personaxe aprende os seus movementos e retalo a seguir o ritmo mentres aprende a saltar e a bailar.

Na instalación PoemPortraits quen visita poderá facerse unha fotografía e doar unha palabra á obra de arte. A palabra elixida, xunto cunha palabra dun participante anterior, incorpórase a un poema único de dúas liñas xerado por un algoritmo e mapeado no retrato.

Na instalación dinámica e interactiva a gran escala, que recibe o nome de Totem, utilízase a detección e o Machine Learning para informar sobre os patróns, ritmos e comportamentos que o rodean. Estes poden cambiar segundo a luz, o número de persoas ou o movemento da sala.

2065 é un videoxogo de mundo aberto no que os xogadores exploran unha nación na que a automatización avanzada eliminou a necesidade de que os humanos traballen. Nel amósase a percepción do autor de como será o ano 2065, permitindo o acceso a tres experiencias distintas con 3 portais dentro do xogo.

Finalmente, AI: More than Human presenta en exclusiva na Coruña o desenvolvemento eVidens AI que aplica as posibilidades da Intelixencia Artificial ao ámbito das viaxes e o turismo. A través dun complexo sistema de Computer Vision baseado en Machine Learning, eVidens AI creou unha rede de deep learning capaz de realizar unha análise exhaustiva e categorizada en tempo real da información contida en miles de imaxes.

 

PREZOS

  • Entrada xeral

Individual 8 € ataquilla.com / 10 € recepción

Grupo (4x3) 24 € ataquilla.com / 30 € recepción


  • Visita guiada

Individual 10 € ataquilla.com / 13 € recepción

Grupo (4x3) 30 € ataquilla.com / 39 € recepción

Entrada de balde para menores de 5 anos. Menores de 16 deben vir canda un ou unha familiar maior de idade.

 

VISITAS

Duración estimada: 1 hora.

O tempo mínimo recomendado para a visita da exposición é de 1 hora. Por este motivo, o último pase será 1 hora antes de pecharmos. Secasí, aquelas persoas interesadas en realizar, de maneira individual, unha visita exhaustiva e detallada, deben acudir con polo menos dúas horas de antelación antes do peche. 

AQUÍ máis información.

 

VISITAS GUIADAS NADAL

A exposición conta con sesións de VISITAS GUIADAS EXPLICATIVAS todos os días e, con motivo das vacacións escolares de Nadal (do 26 de decembro ao 5 de xaneiro) ofrécense tamén, todos os días, visitas guiadas familiares, recomendadas para familias ou grupos con nenos menores de 12 anos: 
Visitas familiares (recomendadas para grupos con menores de 12 anos)
Luns | 17.30 h
Martes a venres | 12.30 h
Visitas guiadas persoas adultas
Luns a venres | 19.00 h
Entradas en ATAQUILLA.COM
Pechado os días 24, 25 e 30 de decembro e 1 e 6 de xaneiro 2023.

 

VISITAS GUIADAS

Para público xeral (recomendadas para maiores de 12 anos)

Luns, 17.30 e 19.00 h | Martes a venres, 12.30 e 19.00 h | Sábados e domingos, 17.30 e 19.00 h | Festivos, 19.00 h

Ataquilla.com

Para público familiar (recomendadas para familias ou grupos que inclúan menores de 12 anos)

Sábados, domingos e festivos, 12.30 h

Ataquilla.com

Para escolares, asociacións e outros colectivos

Escribir a areaeducativacoruna@afundacion.org indicando idades, preferencia de horario e datos de contacto. Grupo mínimo, 15 persoas.  

 

DIDÁCTICA PARA ESCOLARES

ESO, BACHARELATO e CICLOS FORMATIVOS 
 • Visita comentada | 1 hora | 2 € escolar
Máis información e reservas, consultar no 981 185 060 ou en areaeducativacoruna@afundacion.org

 

AQUÍ toda a información sobre AI: More than Human.

 

En colaboración con ILUX Visual Technologies e a Universidad Intercontinental de la Empresa. Proxecto creado polo Barbican Centre de Londres e coproducido polo Forum Groningen dos Países Baixos.

 

PREGUNTAS FRECUENTES

- Duración da visita

O tempo medio de visita é de aproximadamente unha hora.

Para garantir unha visita agradable a todas persoas visitantes, o acceso á exposición organízase en pases ou franxas cada quince minutos.

É necesario seleccionar unha hora e un día determinados á hora de mercar as entradas e organizar a visita.

Unha vez que accedas á exposición, podes ficar o tempo que queiras.

Consulta os nosos horarios para planificar a túa visita con tempo suficiente para velo todo!

- Que pasa se perdo a miña entrada?

Nese caso tentaremos que entres no seguinte pase, sempre suxeito á dispoñibilidade de capacidade.

Recomendamos que chegues a tempo. Recomendamos chegar 5 minutos antes da hora indicada na entrada.

Non podemos garantir o acceso á exposición fóra do horario indicado na entrada cando a capacidade estea completa.

- Existen audioguías?

A exposición conta con paneis explicativos en inglés para cada unha das obras que a compoñen.

Ademais, hai un servizo web que che permite acceder, a través do teu smartphone propio, a toda a información en castelán, xa sexa en texto, ou a través dunha voz en off xerada por un sistema de Intelixencia Artificial.

Para acceder á audioguía, debes escanear un código QR, abrirase un visor web no teu teléfono intelixente e abondará con que manteñas aberta esa xanela no navegador durante todo o tempo da visita. Permite ao smartphone que use a cámara para así poder escanear os códigos QR de cada unha das obras que compoñen a mostra.

No caso de utilizar o sistema de locucións descritivas das obras, será obrigatorio o uso de auriculares.

- Existe un servizo de visitas guiadas?

Si, tanto xerais como para público familiar:

*Modalidades e horarios arriba.

- Mobilidade reducida

A exposición é accesible para persoas con mobilidade reducida e o uso dunha cadeira de rodas.

- Fotografías

Permítese facer fotos para uso persoal e non comercial. Asegúrate de eliminar o flash, pode molestar outras persoas.

Prohíbese o uso de trípodes, monopés e paus para selfies dentro da exposición.

- Alimentos e bebidas

Non está permitido levar comida e bebida á exposición.

- Medidas sanitarias COVID-19

Para a súa seguridade:

  • Reducimos a capacidade da exposición e é obrigatorio escoller día e hora para a visita.
  • Recomendamos manter a distancia de seguridade.
  • Usar os xeles desinfectantes alí á beira e/ ou lavar as mans con frecuencia.
  • O servizo de gardarroupa está desactivado.
  • Non se permite a entrada con paquetes superiores a 35 x 35 cm nin con paraugas (excepto os pregables).

- Contacto

  • Tes algunha dúbida sobre a exposición? Por favor, ponte en contacto connosco a través do teléfono 981.18.50.60 ou do correo electrónico sedecoruna@afundacion.org.
  • Se tes dúbidas sobre as túas entradas, ponte en contacto co noso departamento de Ataquilla en ataquilla@afundacion.org.
  • Se queres contactar co departamento de Comunicación escribe a comunicacion@afundacion.org.
  • Se queres contactar co departamento de Visitas guiadas para Grupos escribe a areaeducativa@afundacion.org.

 

PoemPortraits by Es Devlin, courtesy of the artist
PoemPortraits by Es Devlin, courtesy of the artist
Waterfall of Meaning, Google PAIR. Barbican Centre © Tristan Fewings/ Getty Images
Waterfall of Meaning, Google PAIR. Barbican Centre © Tristan Fewings/ Getty Images
Kreyon City. Sony Computer Science Laboratories
Kreyon City. Sony Computer Science Laboratories
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Envellecemento activo
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
Copyright 2020 © Fundación Galicia Obra Social
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078