Exposición OS NOSOS OCÉANOS en Ferrol

FERROL | Praza de Amboage
Descubre OS NOSOS OCÉANOS, unha exposición de fotografía de diferentes autores internacionais a pé de rúa, que mostra a biodiversidade mariña para concienciarnos de que todo o que coñecemos como vida non só procede dos océanos, senón que segue dependendo deles. Nos mares escóndense inxentes sorpresas que alimentarán durante séculos a curiosidade dos científicos e a admiración de todos os demais. O que con esta exposición se pretende é espertar o recoñecemento de que os océanos son berce de vida, manancial de todos os mananciais, reguladores de todos os elementos básicos do clima, depuradora natural das contaminacións e fornecedores de alimento e incontables materias primas.
Saímos á rúa cunha achega cultural de primeira orde que aúna mensaxe, beleza, transcendencia e emoción.
Joaquín Araújo | COMISARIO
Esta exposición enmárcase no perfil social do noso labor cultural, convencidos de que o acceso á cultura é un dereito fundamental para promover a igualdade e a liberdade da cidadanía, concebimos a exposición de rúa como a canle máis directa para acurtar distancias entre a sociedade e a cultura.
En colaboración co Concello e a Editorial Planeta.
Esta mostra encádrase dentro do proxecto CORRENTE CULTURAL, unha aposta de ABANCA e Afundación para espallar cultura por toda Galicia, polos diferentes concellos e contando coa súa colaboración, construíndo unha rede de calidade que leve novas propostas máis alá dos nosos edificios. As iniciativas que conforman este ciclo parten dunha produción de nivel, cun interese específico para a comunidade e unha estreita vinculación coas nosas tradicións e historia.
Actividade do Xacobeo 21-22










