Exposición OURENSE NO TEMPO, en Ourense
OURENSE NO TEMPO é a sexta das mostras que se poñen en marcha no marco dun proxecto máis amplo, 'Cidades no tempo', que contempla unha exposición en cada unha das sete principais urbes galegas. Tras Santiago, Ferrol, Lugo, A Coruña e Vigo, agora a proposta chega a Ourense co obxectivo de reinvindicar a cultura urbana como compoñente clave da identidade de Galicia. A partir do 5 de marzo podes visitala na Sala de Exposicións Afundación de Ourense ata o 11 de maio de 2024.
comisario | MANUEL GAGO
coordinador local | JOSÉ MARÍA EGUILETA
VISITAS GUIADAS para público xeral
- Con Manuel Gago e José María Eguileta (coordinador local da exposición)
venres 15 MAR | 19.00 h
xoves 2 MAI | 19.00 h
- Co noso servizo educativo
xoves 21 MAR | 19.00 h
xoves 4, 11, 18 e 25 ABR | 19.00 h
xoves 9 MAI | 19.00 h
CULTURA POR ALIMENTOS
Coñeces o noso programa solidario? Accede a toda a información desde a nosa web para saber de todas aquelas actividades culturais que podes realizar nos nosos recintos por un intercambio de alimentos non perecedoiros, destinados aos bancos de alimentos locais. Esta exposición forma parte da rede de actividades adheridas á iniciativa, polo que te convidamos a deixar a túa doazón á entrada do edificio, no punto habilitado.
A ilusión compartida que nos move! Infórmate aquí
En colaboración con FESBAL, Federación Española de Bancos de Alimentos.
A EXPOSICIÓN
O relato expositivo explora a cidade dende as súas orixes ata a actualidade combinando obxectos de alta cultura e cotiáns, obras de arte, documentación histórica, mapas e planos, recreacións virtuais, arquivos sonoros, fotografías e publicacións. Unha oportunidade de afondar na cidade das Burgas dende moi diversas perspectivas: os fitos históricos e os mitos, o desevolvemento urbanístico, a economía e a industria, o lecer ou a cultura.
Unha cidade interface
A través de 150 pezas de moi diferente tipoloxía, Ourense no tempo pon de manifesto a historia dunha cidade clave nas comunicacións de Galicia, tanto cara ao litoral da Comunidade, como cara a Castela e Portugal. Reflíctense así na exposición as consecuencias de ser un nó de camiños, a través dos cales chegaron moitas influencias tanto no artístico como noutros eidos.
Grande actividade intelectual
A mostra celebra o poder creativo das cidades facendo fincapé na grande actividade intelectual que definiu a identidade de Ourense para o conxunto de Galicia. Así, recrea nunha área un dos míticos cafés ourensáns, onde se teceron as redes de artistas e cidadanía que derivaron en importantes expresións do pensamento e da arte galegas.
A exposición está comisariada por Manuel Gago, doutor en Ciencias da Comunicación e director de culturagalega.gal do Consello da Cultura Galega. Nesta ocasión conta co asesoramento, como coordinador local, do arqueólogo e escritor José María Eguileta.
ESCOLARES
INFANTIL a 4º PRIMARIA | Visita-conto con obradoiro STEAM-Sostibilidade | «As gafas máxicas do Vicente»
5º PRIMARIA a 2º ESO | Visita con obradoiro STEAM- Sostibilidade | «Esmorgantes pola historia de Ourense»
3º ESO, BACHARELATO e CF | Visita comentada con obradoiro opcional | «Ourense no Tempo»
Prezo: 2 € / escolar
A iniciativa está organizada pola Xunta de Galicia, a través da Fundación Cidade da Cultura, coa colaboración de Afundación, Obra Social ABANCA.