Exposición PONTEVEDRA NO TEMPO
PONTEVEDRA NO TEMPO é a sétima e última das mostras que se pon en marcha no marco do proxecto 'Cidades no tempo', que contemplou ao longo dos dous últimos anos, desde 2022, unha exposición en cada unha das sete principais urbes galegas. Tras Santiago de Compostela, Ferrol, Lugo, A Coruña, Vigo e Ourense, agora a proposta aterra na Boa Vila. Pontevedra desprega todos os detalles da súa historia ao público a través desta fascinante mostra que podes visitar este verán na Sede Afundación da cidade. Descúbrea canda nós e a Cidade da Cultura a partir do 15 de xullo.
comisario | MANUEL GAGO
VISITAS GUIADAS
Para grupos, previa reserva:
PÚBLICO INFANTIL E ADOLESCENTE | Visitas guiadas adaptadas a todas as idades con obradoiro STEAM/ sostibilidade
PÚBLICO ADULTO
2 € persoa
PÚBLICO XERAL
18 XUL e 5 SET (COMPLETA!) | 19.00 h | con MANUEL GAGO
8 (COMPLETA!) E 21 AGO | 19.00 h | con MILAGROS BARÁ
17 XUL | 12.00 h
Cultura por Alimentos
Información e reservas en [email protected] ou no 986 333 210
CULTURA POR ALIMENTOS
Coñeces o noso programa solidario? Accede a toda a información desde a nosa web para saber de todas aquelas actividades culturais que podes realizar nos nosos recintos por un intercambio de alimentos non perecedoiros, destinados aos bancos de alimentos locais. Esta exposición, canda as súas visitas guiadas para público xeral, forma parte da rede de actividades adheridas á iniciativa, polo que te convidamos a deixar a túa doazón á entrada do edificio, no punto habilitado.
A ilusión compartida que nos move! Infórmate aquí
En colaboración con FESBAL, Federación Española de Bancos de Alimentos.
A exposición que aquí presentamos está organizada pola Xunta de Galicia, a través da Fundación Cidade da Cultura, coa colaboración de Afundación, Obra Social ABANCA.