Concerto ORFEÓN TERRA A NOSA, en Vigo
Co gallo da Tempada de Abonos de CLÁSICA Afundación, de outubro a decembro de 2024, chega este concerto do Orfeón Terra A Nosa o 9 de decembro ao Teatro Afundación Vigo. A recoñecida coral no seu afán de promover a música antiga galega, trae desta volta repertorio inédito de Marcial del Adalid cunha interesante colección de motetes. O recital complétase con obras de Anton Bruckner.
Colle xa as túas entradas para asistir ao concerto en Ataquilla.com
Este concerto enmárcase no noso programa solidario CULTURA POR ALIMENTOS, en colaboración coa Federación Española de Bancos de Alimentos FESBAL, polo que te animamos a asistires cunha doazón de alimentos non perecedoiros para o banco local. Grazas!
PROGRAMA
Director | Luís Martínez
Coro | Orfeón Terra A Nosa
Piano | Juan Manuel Varela
Solistas | Aida López, Aida Cruz, David Ferreiro
Duración aprox. 1 h 15 min
I
MARCIAL DEL ADALID (1826-1881)
Obra sacra inédita
Motetes a 4 voces Op. 20
Ave Verum, O Salutaris
Motetes a 4 voces Op. 21
Salve Regina, Ave Maris Stella
6 Motetes a 4 voces con acompañamento de órgano ou piano
O Salutaris, Agnus Dei, Ave Maria, Ave Verum,
Tantum ergo, Salve Regina
6 Motetes a solo con acompañamento de piano ou órgano
O Jesu o Fili, Ave Maria, Ecce Panis,
O Salutaris, Santa Maria, Agnus Dei
II
ANTON BRUCKNER (1824-1896)
Salmo 22: Der Herr regieret mich und nichts WAB34
ORFEÓN TERRA A NOSA
Fundado en 1966 por Manuel Feijóo OFM (1926-92), sucedido por Miro Moreira (1984-2021), Mateo Iglesias (2021-23) e ten como director actual a Luís Martínez. En 1992 recibiu o Premio da Crítica Galega en recoñecemento á súa rigorosa carreira musical. En 1994 o Concello de Santiago de Compostela outorgoulle a Medalla de Prata ao Mérito Artístico. Entre os galardóns obtidos destacan os primeiros premios de polifonía (1974, 1980) no Festival de Torrevieja.
O Orfeón colabora na interpretación do repertorio sinfónico coral e ópera con orquestras como a Xoven Orquestra de Galicia, Orquestra Sinfónica de Galicia, Real Filharmonía de Galicia, Orquesta Sinfónica de Castilla y León, Collegium Musicum Prague, Orquesta Sinfónica de Brno, Lee Baroque Nomade… entre outras, baixo a batuta de mestres do talle de Alberto Zedda, Edmon Colomer, Víctor Pablo Pérez, Paul Daniel, Antoni Ros Marbá, Massimo Spadano, William Lacey, Jacques Kantorow, Maximino Zumalave, Joam Trillo, Oliver Von Dohnanyi, Lorenzo Ramos, Jesús López Cobos, Kemal Kahn, Jean Cristophe Frisch ou Michel Piquemal.
Ademais de ter actuado por toda a Península Ibérica, presentouse en festivais internacionais en Francia, Alemaña, Inglaterra, Italia, Holanda, Bélxica, Portugal, O Vaticano, Polonia, Arxentina, Chile, Uruguai, Colombia, Venezuela e Estados Unidos (New York e Washington). Realizou numerosas gravacións, entre as que destacan Música tradicional galega (CBS), Misa solemne Unus Deus e Requiem de Melchor López (BOA) ou a participación na integral de Joaquín Rodrigo (EMI Classics).
O Orfeón, no seu empeño de difundir e pór en valor a música galega, protagonizou moitas recuperacións e estreas.
Aproveita para visitares a axenda web e decatarte de todas as propostas culturais que che ofrecemos ao longo do mes. E tamén podes entrar na nosa ticketeira Ataquilla.com para máis actividades escénicas.