Teatro AY, CARMELA! en Vigo

¡AY, CARMELA!
de Jose Sanchís Sinisterra
1 h 40 min | Castelán | TP
EDADES:T.P
DRAMATURXIA E DIRECCIÓN: José Carlos Plaza
ELENCO: María Adánez, Pepón Nieto
Produciones Faraute Compañía Miguel Narros e Pentación
“Unha obra na que a soidade, o medo e a inxustiza van da man da añoranza, a complicidade, o amor e a memoria”
Carmela volve unha e outra vez. Volve o seu recordo contra o esquecemento. Evocámola para que o seu espírito non se perda no cómodo mundo da indiferenza. Volve alertarnos, a gritarnos coa súa presenza que o ovo da serpe, que sempre estivo aí, está a romperse O noso soño dun mundo de tolerancia, de comprensión, de permisividade cara ao diferente, de igualdade, de solidariedade, de xustiza social vaise rachando e o mundo fascista de intransixencia, terquedad, obstinación, testarudez avanza tan incompresible como imparablemente. Carmela é a nosa memoria e a nosa culpa como o é de “O Paulino”, o “cagón”. A quen nos lembrará? Pero aí está Carmela coa súa verdade, o seu vitalismo, a súa paixón e a súa valentía. Carmela: exemplo de amor facía a vida e cara aos demais, valores que está dentro da alma das boas persoas. Carmela: reivindicación da bondade tan deostada nestes días. Carmela é divertida, brillante e descarada. Pura raíz, puro sangue. Non pensa moito, convive cos que a rodean, sente e padece. Un ser sen cultura, sen sofisticacións, sen prexuízos que é carne viva, sensible á dor dos demais. E Carmela sacrifícase porque non pode vivir nun mundo podrecido. “Pobre país que necesita heroes”. E nós collemos aire coa maior alegría e profundidade posibles para volver suspirar:!Ai, Carmela!