Programa HISTORIAS VIVIDAS - O valor dun legado.
Historias vividas é un proxecto de Afundación, en alianza con Envita, que ten como obxectivo apoiar e acompañar ás persoas maiores na experiencia de recompilar as súas historias de vida a través dunha plataforma online que posteriormente permitirá realizar de forma automática un precioso Libro de Vida para compartir con aquelas persoas que máis nos importan e ás que queremos deixar un legado.
Todas as historias de vida merecen ter un libro propio, así que se algunha vez pensaches en plasmar nun libro as túas anécdotas, historias, logros … ou recompilar as dun ser querido, o programa Historias Vividas é para ti.