Concertos BUTACA DE JAZZ: MANUEL GUTIÉRREZ, na Coruña
![Concertos BUTACA DE JAZZ: MANUEL GUTIÉRREZ, na Coruña Concertos BUTACA DE JAZZ: MANUEL GUTIÉRREZ, na Coruña](https://www.afundacion.org/images/cesionsalas/88183/butacadejazz_manuel_gutierrez__narrow.jpg)
BUTACA DE JAZZ cumpre cinco anos, un aniversario que celebramos traendo tres propostas diferentes e de calidade indiscutible. A Sede Afundación da Coruña acolle desta volta o talento de Magalí Sare & Manel Fortiá, Eva Fernández e o galego Manuel Gutiérrez. Tres concertos para vivir a boa música ao longo dos meses de outono. Acomódate na túa butaca e desfruta.
Colle xa as túas entradas en Ataquilla.com
A túa entrada é solidaria! A recadación de Butaca de Jazz irá destinada integramente ás persoas damnificadas pola DINA.
MANUEL GUTIÉRREZ
SÁBADO 16 NOV | PIANO SOLO
Manuel Gutiérrez (Ferrol-1963) é un músico fundamentalmente autodidacta, mais erixiuse coma un dos referentes do jazz galego dende os seus inicios. Realizou estudos de piano no Taller de Músicos de Madrid e en Estudio Escola de música. Cursou seminarios con músicos do talle de Bill Dobbins, Dave Schnietter ou Barry Harris. Entre 1988 e 1993 residiu en Mallorca, onde traballou como pianista con formacións coma Jazztá, Sausalito Jazz Band ou Salvador Font Quintet. Ademais, participou como músico de sesións en diversas gravacións de Joan Bibiloni. Dende 1994, e de volta en Galicia, é profesor, ademais de formar parte do trío Sumrrá, Víctor Aneiros Band, varios proxectos con Terela Gradín, Roberto Somoza Cuarteto ou Marcelino Galán Quinteto, entre outros. Traballou tamén con músicos doutros estilos como Maite Dono, Rosa Cedrón ou Emilio Cao. Participa en seminarios de piano, harmonía e composición no ámbito jazzístico, e cos directores de orquestra Rafael Rodríguez Camacho e Joan Ensenyat, entre outros. A súa carreira profesional transcorre dende o Rock, Folk, World Music, Blues, Jazz, ou as gravacións como músico de sesión, ata a composición de música para teatro ou documentais.
Tocou en festivais de España, Portugal, Francia, Marrocos, Bulgaria, Suíza, Sudáfrica, Bolivia, Corea Do Sur, México, Guatemala, O Salvador, Nicaragua, Honduras ou A China.
Na actualidade, centra a súa profesión basicamente entre os seus proxectos en solitario, co trío Sumrrá e o seu proxecto a piano solo, e como mestre de piano e combo na Estudio Escola De Música.
CALENDARIO
SÁBADO, 16 NOV | 20.00 h | MANUEL GUTIÉRREZ, PIANO SOLO
SÁBADO, 23 NOV | 20.00 h | EVA FERNÁNDEZ
Aproveita para visitares a axenda web e saber de todas as propostas culturais que che ofrecemos ao longo do mes e tamén na nosa ticketeira Ataquilla.com para outras actividades escénicas.