SINFILTRO hacia el futuro y más allá con MARCELO CASTELO, na Coruña
Xosé Antonio Tourián e Tamar Novas serán os entrevistados de SINFILTRO cara ao futuro e máis aló. Este evento conducido por Marcelo Castelo, acerca de forma amena e alcanzable ao impacto previsible da intelixencia artificial nas nosas vidas. Ademais, estarán algúns dos máximos directivos de tecnoloxía de organizacións líderes. O evento terá lugar o mércores 13 de decembro na Sede Afundación A Coruña.
A inscrición ten un custo de 2 €. A cantidade recadada coas entradas será doada integramente ao programa CULTURA POR ALIMENTOS, impulsado por Afundación, a Obra Social ABANCA, en colaboración coa Federación Española de Bancos de Alimentos para incrementar os recursos do Banco de Alimentos Rías Altas.
INSCRICIÓNS EN ATAQUILLA.COM
Programa:
Presentación do barómetro "Hábitos, prácticas e benestar do tecnólogo en España”, con Fernando Suárez, presidente Consello Superior de Enxeñeiros Informáticos de España; e Alberto García, director xeral de CIE.
Na segunda parte, contaremos con Verónica Bolón-Canedo, Laboratorio de I+D en Intelixencia Artificial da UDC, impartirá o relatorio A IA Verde: Que pode facer a IA contra o cambio climático?
A continuación, a mesa redonda con:
- Verónica Bolón-Canedo, Profesora de Informática da UDC.
- Felisa Grella. CIO de Grupo Osborne,
- Jordi Sicilia. CIO de Gallenicum Health,
- Enric Rovira. CIO de Farggi A Menorquina,
- Alejandro Expósito. CIO de Merck,
- Eduard Martín. CIO de Mobile World Capital.
Como peche do acto, Marcelo Castelo terá unha dos seus faladoiros gamberros SINFILTRO con Xosé Antonio Touriñán e Tamar Novas, que repite a súa experiencia “SINFILTRO”.