Segundo ciclo "COIDAR O COIDADOR INFORMAL" - Cátedra ABANCA-AFUNDACIÓN / ICADE Lonxevidade, Economía e Sociedade
A Cátedra "ABANCA-AFUNDACIÓN/ICADE Lonxevidade, Economía e Sociedade" de Afundación Abanca e a Universidad de Comillas organizan o segundo ciclo "Coidar o coidador informal", dirixido a coidadores informais e/ou familiares de persoas maiores dependentes.
Estás coidando do teu pai/nai e non sabes como facelo? Sénteste superado por coidar a túa parella? Estás ante decisións ou situacións e non sabes como actuar nin cal é a mellor forma de proceder? Nestas sesións queremos abordar os diferentes aspectos do coidado dos nosos seres queridos cando sexan maiores e precisen da nosa axuda.
Traballaranse aspectos como cal pode ser a evolución da necesidade de coidados para prepararnos, coidados máis sanitarios (coidados posturais, como mobilizarse, incontinencia, etc.); os posibles sinais de alarma que indican que a situación comeza ou xa nos está superando, estratexias para coidar coidándose (abranguendo tanto aspectos emocionais, como de saúde e espirituais); pautas de como facelo cando os límites da ética e da humanización non están claros; coidados ao final da vida e axudar a atopar un sentido e unha gratificación nos coidados.
Que é?
Encontros entre coidadores informais e/ou familiares nos que un recoñecido relator abordará un tema relacionado co coidado e o autocoidado, abrindo un espazo de debate onde se poidan compartir experiencias co relator e entre os coidadores informais.
A quen vai dirixido?
A coidadores familiares e/ou informais de persoas maiores dependentes.
Onde?
Por videoconferencia
Cando?
Dous mércores ao mes. O 1.º e 3.º mércores de mes
A que hora?
De 10.00 a 12.30 horas.
Inscricións
Formulario online da próxima sesión
Contido das sesións:
2 de outubro: Que significa ser coidadora ou coidador? A experiencia do coidar
Relatora: Lucía Jiménez, Doutora en Psicoloxía e Profesora na URJC, experta en estrés e benestar.
Obxectivos da sesión:
- Definir quen é un coidador informal.
- Analizar as motivacións e circunstancias que levan a unha persoa a asumir o rol de coidador
Contidos: Nesta sesión responderanse as seguintes preguntas: quen é o coidador? Requírense sempre os mesmos coidados? Que nos levou a coidar?
16 de outubro: Como manexo os coidados e que consecuencias ten sobre min
Relatora: Blanca Almanza. Máster en Psicoloxía e especialista en terapia cognitivo-conductual.
Obxectivos da sesión:
- Identificar as posibles consecuencias físicas e emocionais do coidado no coidador.
-
Recoñecer os signos de sobrecarga e a importancia do autocoidado.
Contidos: Aproximación ás posibles consecuencias que a tarefa de coidado pode ter na saúde do coidador, así como nas súas relacións sociais e familiares. Coñecer os sinais de alerta de sobrecarga e a necesidade de autocoidado.
6 de novembro: Coidando o mellor posible
Relatores: Dra. Mª Jesús Martínez Beltrán. Doutora en Biomedicina e Ciencias da Saúde e Dr. Daniel Fernández Robles. Profesor na Facultade de Enfermería da UPC e Máster en Coidados Paliativos.
Obxectivos da sesión:
- Proporcionar coñecementos básicos sobre o aseo e hixiene da persoa dependente.
- Instruír na adecuada mobilización dos pacientes con mobilidade limitada.
- Educar sobre a prevención e tratamento das úlceras por presión e incontinencia.
- Proporcionar ferramentas para a prevención e manexo das caídas.
- Recomendacións para a saúde do coidador, practicando na aula.
Contidos: Abordaranse aspectos como os coidados posturais do coidador, como mobilizar o paciente con pouca mobilidade, hixiene, prevención e cura de úlceras por presión, incontinencia, saúde do coidador, etc.
20 de novembro: Benestar emocional do coidador. Estratexias para coidarse coidando I. Autocoidado emocional
Relatora: Dra. Mónica Torres. Doutora en Psicoloxía e profesora da UAM
Obxectivos da sesión:
- Aplicar estratexias para xestionar o estrés diario.
- Promover a autoempatía e a xestión emocional.
- Fomentar a motivación para hábitos saudables e de autocoidado.
Contidos: Traballaranse estratexias para aliviar o estrés no día a día, promovendo a escoita respectuosa de un mesmo, a autoempatía e a xestión emocional para afrontar os retos e tarefas do coidado, activando a motivación para construír hábitos de saúde e autocoidado na persoa coidadora.
4 de decembro: Benestar emocional do coidador II. O coidado da mente
Relatora: Dra. Laura Bermejo. Doutora en Psicoloxía e profesora da UPC, experta en psicoloxía do ciclo vital e familia.
Obxectivos da sesión:
- Identificar e definir pensamentos disfuncionais.
- Practicar actividades de autorreflexión para recoñecer pensamentos negativos.
- Aprender técnicas de reestruturación cognitiva.
Contidos: Definición e exemplos de pensamentos disfuncionais. Realizaranse actividades de autorreflexión para identificar os pensamentos propios para reestructuración dos pensamentos negativos.
22 de xaneiro de 2025: Benestar emocional do coidador III. Xestión da culpa e o autoperdón
Relatora: Dra. María Prieto. Doutora en Filosofía e profesora da UPC, experta en psicoloxía do perdón, estrés e reconciliación.
Obxectivos da sesión:
- Diferenciar entre culpa construtiva e destrutiva.
- Identificar fontes de culpa na labor de coidado.
- Practicar exercicios de autocompaixón e autoperdón.
Contidos: Traballarase a diferenza entre culpa construtiva e destrutiva. Realizaranse actividades de identificación de fontes de culpa, así como exercicios de autocompaixón e perdón persoal.
5 de febreiro de 2025: Benestar emocional do coidador IV. Aumento das actividades pracenteiras e Comunicación asertiva
Relatora: Arantza Yubero. Profesora na facultade de CC. Humanas e Sociais da UPC.
Obxectivos da sesión:
- Recoñecer a importancia das actividades pracenteiras no benestar do coidador.
- Explicar o modelo de Situación, Pensamento e Consecuencias (S-P-C).
- Afirmar os dereitos do coidador e promover a comunicación asertiva.
Contidos: A importancia das actividades agradables. Explicación do modelo Situación, Pensamento e Consecuencias (S-P-C). Explicación dos dereitos do coidador.
19 de febreiro de 2025: Benestar espiritual do coidador
Relator: Dr. Javier de la Torre. Doutor en Dereito e profesor da Facultade de Teoloxía da UPC.
Obxectivos da sesión:
- Desenvolver recursos espirituais para afrontar os coidados.
- Facilitar a toma de decisións complicadas e asumir responsabilidades.
- Integrar a espiritualidade no coidado do familiar enfermo.
Contidos: Potenciar os recursos espirituais que nos permiten ver a vida doutra maneira, tomar decisións complicadas, asumir responsabilidades ou realizar tarefas que abranguen o coidado do familiar enfermo na súa totalidade.
5 de marzo de 2025: Recursos psicosociais
Relatora: Dna. Marta Cubero García. Profesora da Facultade de Ciencias Huamanas e Sociais da UPC.
Obxectivos da sesión:
- Identificar as necesidades da persoa maior ao longo do tempo.
- Coñecer os recursos psicosociais dispoñibles para os coidadores.
- Nova estratexia do sistema de coidados e novo sistema de apoio que se pode vincular coa parte da dependencia. Aprender a utilizar estes recursos nas diferentes etapas do coidado.
19 de marzo de 2025: Como coidar de forma ética e humana
Relatora: Dra. Mª Carmen Massé. Doutora en Teoloxía, Máster en Bioética e profesora da UPC.
Obxectivos da sesión:
- Promover a comunicación e a busca do sentido dos coidados.
- Comprender a dimensión ética dos coidados e as súas consecuencias na persoa atendida e no coidador.
- Aclarar conceptos e escenarios éticos para a xestión dos procesos de culpa.
Contidos: Coidar non sempre é doado, pero hai que facelo o mellor posible, e para iso daranse unhas pautas de como facelo cando non estean claros os límites da ética e da humanización: respecto á autonomía das persoas, entendementos das caridades distorsionadas, os conflitos de valores, os difíciles límites da vida, da morte e da dignidade, etc.
2 de abril de 2025: Coidar o fin da vida
Relator: Dr. Antonio Ramos Sánchez. Doutor en Ciencias da Enfermería e Máster en Coidados Paliativos e profesor da UPC.
Obxectivos da sesión:
- Comprender o que son os coidados paliativos.
- Coñecer as necesidades e os medos do coidador.
- Aprender a proporcionar unha atención adecuada en cada etapa.
- Apoiar o coidador no proceso de acompañamento dun enfermo ao final da súa vida.
Contidos: Esta sesión está especialmente dirixida a persoas que acompañan un paciente na última etapa da súa vida, co obxectivo de que coñezan as diferentes etapas psicolóxicas polas que pode atravesar o paciente, saiban actuar en cada unha delas e aprendan a proporcionarlle os coidados máis axeitados.
7 de maio de 2025: Busca de sentido ao coidado, ás experiencias, emocións e vivencias
Relatora: Dra. Macarena Sánchez-Izquierdo. Doutora en Psicoloxía e profesora da UPC.
Obxectivos da sesión:
- Explorar conceptos de crecemento persoal e resiliencia nos coidados.
- Identificar aspectos positivos e recompensas do coidado.
Contidos: Traballaranse conceptos como o crecemento persoal, a resiliencia, os aspectos positivos dos coidados, o significado, a reconciliación, así como diversas recompensas do coidado na saúde.