Teatro UN HOTEL DE PRIMEIRA SOBRE O RÍO do CDG en Vigo
_(1)1__narrow.jpg)
UN HOTEL DE PRIMEIRA SOBRE O RÍO
de Xohana Torres
1h 15 min | Galego | NRM 12
DIRECCIÓN E DRAMATURXIA
Gonçalo Guerreiro e María Torres
ELENCO
Iván Davila, Raquel Espada, Sofía Espiñeira, Nicolás Otero, Merche Pérez, Pablo Sánchez Pérez, Lidia Veiga
PRODUCIÓN
Centro Dramático Galego
A especulación urbanística, a depredación do medio natural ou o desarraigo son algúns dos temas arredor dos que xira Un hotel de primeira sobre o río, que desprega en tres actos a historia de Ruth, quen vive e traballa nun val afectado por un proxecto urbanístico para construír un hotel cunha área recreativa. O espectáculo narra a presión exercida sobre a protagonista para que renuncie ás súas terras, á súa casa, á súa historia e ás súas raíces, evocando de xeito onírico e simbólico a dualidade entre a realidade e as fantasías da súa imaxinación. Un hotel de primeira sobre o río é o resultado do diálogo do texto orixinal co teatro de movemento, a danza, a música e as artes visuais. Cunha coidada composición estética e unha rigorosa investigación sobre xestos e imaxes, a peza convídanos a abordar diferentes xeitos de vivir no ámbito rural e a cuestionar a xestión dos recursos naturais.