Terceiro turno viaxe Austria e o Tirol, Espazos +60 Afundación

PRAZAS CUBERTAS, se cubres o formulario quedarás en lista de agarda, chamarémoste se se produce algunha baixa.
O Tirol, Austria, é unha das rexións naturais máis impresionantes de Europa, con preciosas paisaxes e pintorescas poboacións.
A principios de outubro as persoas socias dos Espazos +60 visitarán Austria e o Tirol. O 1 de outubro recolleranos nos Espazos +60 e trasladaranos ao aeroporto de Santiago para coller o vo con destino Viena.
O 2 de outubro visitarán o palacio de Schönbrunn, o que fora antiga residencia de verán dos Habsburgo. Verán a Gran Galería e as dependencias da emperatriz María Tareixa e do duque Francisco de Lorena. Despois de xantar terán tempo libre. Á hora acordada, recolleranos no hotel para saír a unha magnífica cea e un fabuloso concerto de Mozart e Strauss no invernadoiro do palacio.
O 3 de outubro deixarán a capital de Austria e continuarán o percorrido cara ao Tirol atravesando St. Wolfgang e a rexión dos lagos austríacos. Continuarán por estrada cara a Salzburgo, cidade de Mozart e dos magníficos festivais de verán, cunha urbe repleta de históricos monumentos, fermosos xardíns e situada nun enclave marabilloso. Despois de xantar realizarán unha visita panorámica da cidade, na que verán, entre outros, a rúa Getreidgasse, a praza de Mozart, a praza do Mercado, os xardíns Mirabell etc. Seguirán o percorrido ata a rexión do Tirol.
O 4 de outubro iniciarán o día cunha excursión ás cataratas de Krimml. Tras unha curta camiñada entre bosques e paisaxes marabillosas, chegarán ás cataratas, as cales en tres saltos de auga conseguen baixar 380 metros de altura, o que as converte nas máis caudalosas de toda Europa con 10 000 litros por segundo. Despois de xantar tomarán o famoso Zillertalbahn, o ferrocarril de vía estreita máis famoso de Austria, co que gozarán dunha romántica viaxe ao pasado nos seus vagóns de pasaxeiros clásicos, mentres escoitarán o ruído relaxante das rodas, os asubíos e sopridos intermitentes da locomotora e admirarán a beleza do val do Ziller.
O 5 de outubro realizarán unha excursión de día completo polas espectaculares paisaxes tirolesas. Iniciarán a ruta dirixíndose cara a Rattenberg, a cidade máis pequena de Austria, onde visitarán a fábrica de cristal Kisslinger. Seguirán o percorrido ata Alpbach, situado no val de Alpbachtal, recoñecida como unha das poboacións máis fermosas de Austria nos meses de verán, cos seus tradicionais edificios revestidos de madeira e balcóns cheos de flores. Continuarán cara á rexión do lago Achensee. Xantarán nun típico chalé tirolés situado no parque natural dos montes Karwendel. A continuación, pasearán en barco polo lago Achensee, o maior lago do Tirol, situado entre altas montañas e espectaculares paisaxes. Traslado á capital do Tirol, Innsbruck.
O 6 de outubro visitarán o espectacular estadio de saltos de esquí de Bergisel. Deseguido, dirixiranse ao centro da cidade para tomar o funicular “Nordkette” que os levará ata o “Seergrube”, a 2.000 metros de altitude, desde onde gozarán dunhas vistas espectaculares. Despois de xantar continuarán coñecendo a cidade, considerada unha das máis fermosas de Austria, realizarán unha visita panorámica: percorrerán o centro antigo e verán, entre outros, o parque da Corte, a catedral, o Telladiño de ouro, etc. A continuación, visitarán o palacio de Hofburg e asistirán a un espectáculo de folclore tirolés, amenizado con bailes, cantos e música típica da rexión.
O 7 de outubro sairán cara ao castelo de Neuschwanstein, máis coñecido como o castelo do Rei Tolo. Esta edificación, construída por Luís II de Baviera, onde viviu só 102 días, serviu de inspiración para Walt Disney cando creou o castelo de "A bela adormecida". Sairán cara á capital de Baviera, Múnic. Despois de xantar realizarán unha visita panorámica da cidade: percorrerán as rúas do seu centro histórico e verán, entre outras cousas, o parque olímpico, o palacio de Nymphenburg, a praza do Rei, o barrio de Schwabing, a praza da ópera, o concello -na famosa MarienPlatz-… Poñerán o broche final ao día cunha cea de despedida nunha famosa cervexería.
O 8 de outubro terán tempo libre ata a hora que se indique de traslado ao aeroporto para tomar o voo á súa cidade de destino. Trámites de facturación e chegada ao noso destino final, e continuación por estrada ata os nosos lugares de orixe.
A viaxe, organizada por Ciberviaxes, inclúe:
- Autobuses para os desprazamentos ao aeroporto desde os Espazos +60.
- Voos para traxecto Santiago- Madrid – Viena e Múnic- Madrid - Santiago en liña regular con IBERIA.
SANTIAGO- MADRID 09.15-10.30 MADRID – VIENA 15.55-18.50
MUNICH-MADRID 12.15-15.00 MADRID-SANTIAGO 15.45-17.00
- Maleta de 23 kg facturada e equipaxe de man
- Autobús exclusivo para o grupo durante todo o percorrido, realizando o itinerario descrito.
- Guía acompañante durante todo o percorrido.
- Hoteis 4* situados céntricamente en Viena, Tirol, Innsbruck e Múnic: Hotel Ananas, Hotel Reschenhof, Hotel Café Central e Hotel Harry´s Home
- Visitas panorámicas de Múnic, Salzburgo e Innsbruck, con guía local.
- Cidades comentadas polo noso guía: Alpbach.
- Excursión ao castelo de Neuschwanstein, entrada incluída.
- Excursión ás cataratas Krimml, entrada incluída.
- Percorrido en tren polo val de Zillertal co Zillertalbahn.
- Visita á fábrica de cristal Kisslinger en Rattenberg.
- Paseo en barco polo lago Achense.
- Visita ao estadio de saltos de esquí de Bergisel.
- Subida en funicular ao Seegrube.
- Visita do palacio de Hofburg, entrada incluída.
- Xantar en típico chalé tirolés.
- Visita ao palacio de Schönbrunn con cea de despedida e concerto.
- Cea de despedida nunha cervexería en Múnic.
- Audio individual.
- 13 comidas entre xantares/ceas.
- Inclúe 1 bebida: auga, cervexa ou refresco ou copa de viño, en xantar e cea, e café só no xantar.
- Seguro de viaxe e de cancelación con protección Covid non reembolsable (50€/pax)
PREZOS (baseados nun grupo máximo de 50 persoas)
En habitación dobre/persoa socia Abanca: 1.949€
En habitación dobre/persoa socia: 2.146€
Suplemento habitación individual: 385€ (máximo 4 habitacións individuais por grupo)
PRAZOS DE PAGAMENTO:
No momento da inscrición: 300€/persoa
Antes do 8 de abril: 330 €/persoa
Antes do 8 de maio: 330€/persoa
Antes do 8 de xuño: 330€/persoa
Antes do 8 de xullo: 330€/persoa
Antes do 8 de agosto: 329€/ persoa socia Abanca; 526€/ persoa socia
CONDICIÓNS DE CANCELACIÓN:
DESDE O 15XULLO ATA O 15 AGOSTO: GASTOS DO 30% DA RESERVA
DESDE O 16 AGOSTO ATA O 16 SETEMBRO: GASTOS DO 75% DA RESERVA
DESDE O 17 SETEMBRO ATA O DÍA SAÍDA: 100% DA RESERVA
PROCEDEMENTO DE INSCRICIÓN:
A inscripción será efectiva unha vez cubra o formulario online. Para verificar que a súa inscrición foi enviada correctamente recibirá un correo electrónico de confirmación. Se non recibe es correo electrónico contacte con nós no 698 122 915
No suposto de que existan máis solicitudes que prazas ofertadas, abrirase unha lista de agarda.
As prazas do autobús outorgaranse por rigurosa orde de inscrición.
Se todavía non é socio e quere viaxar con nós, pode pasarse por un Espazo +60 ou solicitar cita.
(*) Condicións completas no teu Espazo +60 Afundación ou en Ciberviaxes (Federico Tapia, 41 - baixo A Coruña - 981 216 600)