VI FORO "VIVIR MÁIS, VIVIR MELLOR" - Foro Internacional sobre os Dereitos das Persoas Maiores

Co gallo do Día Internacional das Persoas Maiores, HelpAge e Afundación organizan en Galicia o VI Foro Internacional “Vivir máis, vivir mellor”. Este foro ten como obxectivos reflexionar sobre a situación actual dos dereitos das persoas maiores e o envellecemento no século XXI, debatir sobre a realidade actual das mulleres e os homes maiores e sensibilizar á cidadanía e aos actores políticos e sociais sobre os dereitos durante a vellez.
No Foro:
-
Abordaranse algúns dos grandes retos do envellecemento como a nova lonxevidade e como adaptarse a unha vida máis longa;
-
Analizaranse os avances dos dereitos humanos das persoas maiores no ámbito internacional a través da Campaña Global contra os Edadismos da OMS e a Convención Internacional polos derechos das persoas maiores de Naciones Unidas.
-
Dialogarase sobre a discriminación por razón de idade nas mulleres maiores desde un punto de vista social, xurídico e científico.
-
Lanzarase o informe de HelpAge 2022 sobre la discriminación por razón de idade no ámbito laboral en España.
-
Presentarase o novo Servizo Estatal de Atención a Persoas Maiores (SEAM).
-
Darase voz a maiores participantes nas actividades dos Espazos +60 Afundación e mozos galegos para que intercambien as súas experiencias desde a vellez e a xuventude.
-
Rematarase cun espazo protagonizado polos representantes políticos e sociais de Galicia.
A celebración desta edición terá lugar na sede Afundación en Vigo, edificio Afundación, na Rúa Policarpo Sanz 24-26 ás 9:30. A inscrición é gratuíta.
HelpAge organiza este foro cada ano nunha comunidade autónoma e este ano celébrase en Galicia coa colaboración de Afundación.