Viaxe a Exipto con cruceiro polo Nilo, Espazos +60 Afundación

PRAZAS CUBERTAS, se cubres o formulario quedarás en lista de agarda, chamarémoste se se produce algunha baixa.
Exipto é un dos países con máis historia do mundo e de maior antigüidade, un reclamo turístico por todos os vestixios históricos e culturais que aínda quedan polo seu territorio e que recordan o poderío das súas antigas civilizacións.
A finais de outubro as persoas socias dos Espazos +60 Afundación realizarán un cruceiro de tres noites polo Nilo e gozarán de un día en Aswan e dous polo Cairo.
O 20 de outubro embarcarán en voo directo a Aswan, con cátering quente a bordo incluído. Chegarán ao aeroporto, encontraranse cos guías locais e trasladaranos ao hotel en Aswan.
Ao día seguinte levantaranse moi cedo para saír en excursión en autocar a Abu Simbel, para poder visitar os seus impresionantes templos de Ramsés II e Nefertari, rescatados das profundidades do Nilo. Regresarán a Aswan e despois de xantar embarcarán na motonave. Pola tarde, visitarán o templo de Isis, na illa de Philae, impresionante templo rescatado das profundidades do Nilo e pasearán en falucho.
O 22 de outubro navegarán cara a Kom Ombo para visitar o seu templo situado nunha plataforma rochosa nunha curva do Nilo, dedicado ao deus dos crocodilos Sobek, cos seus textos gravados. Pola tarde chegarán a Edfú.
O 23 de outubro sairán para visitar Edfú, o templo mellor conservado de Exipto (despois de Karnak), dedicado ao deus Horus, cuxa construción se iniciou no 237 a.C. Xantarán a bordo e navegarán cara a Luxor, vía Esna.
O 24 de outubro desembarcarán cedo para visitar o templo de Luxor, dedicado ao deus Amón-Ra, onde destaca a avenida das Esfinxes, o Obelisco -con máis de 25 metros de altura- e as estatuas de Ramsés II e a Naos. Posteriormente visitarán o templo de Karnak, impresionante templo onde se descubriron máis de 18 000 estatuas que lles dará unha imaxe da súa grandeza. Cruzarán á beira oeste do Nilo para coñecer as fabulosas estatuas dos Colosos de Memnon, cos seus máis de 15 metros de altura, o templo de Hathshepsut e o val dos Reis. Ao rematar a visita trasladaranos ao aeroporto de Luxor e sairán en voo cara ao Cairo. Chegarán á capital exipcia e trasladaranos ao hotel.
O 25 de outubro visitarán á necrópole de Gizeh, onde se atopan as mundialmente famosas pirámides de Keops, Kefrén e Micerinos, e a Esfinxe, con entrada incluída ao recinto (non ao interior das pirámides). Pola tarde, realizarán unha excursión a Menfis e Sakkara. En Menfis visitarán a enorme estatua tombada de Ramsés II e a Esfinxe de alabastro. Posteriormente visitarán a necrópole de Sakkara e o seu recinto arqueolóxico, onde se encontra a pirámide de Unas.
O 26 de outubro sairán para realizar a visita cultural do Cairo: barrio copto, cidadela de Saladino coa mesquita de Mohamed Alí e Museo das Civilizacións. Despois de xantar terán tempo libre para compras no famoso bazar de Khan el Khaili. Resto da tarde libre e, pola noite, cea especial de despedida na zona das pirámides de Gizeh, con espectáculo de luz e son. Viaxarán desde O Cairo e gozarán do espectáculo na impresionante paisaxe das pirámides e a esfinxe no deserto. Descubrirán a historia dos faraóns do antigo Exipto grazas a un comentario gravado namentres admirarán imaxes proxectadas nos muros do templo. Aprenderan sobre o antigo Exipto e as súas ruínas mentres descubrirán a súa historia, culminando cando a grande esfinxe volve á vida e cita as palabras dun faraón do pasado. Cea especial de despedida.
Ao día seguinte despois de almorzar trasladaranos ao aeroporto para coller o voo directo con destino a Santiago de Compostela, con cátering no avión. Desde Santiago trasladaranos aos Espazos +60.
A viaxe, organizado por Nautalia, inclúe:
- Autobús desde os Espazos +60 ata o aeroporto de Santiago e viceversa.
- Voo especial directo desde Santiago de Compostela /Aswan, Luxor / O Cairo e O Cairo / Santiago de Compostela. Horarios aproximados, suxeitos a cambios.
Santiago/Aswan: 14.50 – 20.40 h
Luxor/O Cairo: 20.10 – 21.10 h
O Cairo/Santiago: 7.00 – 12.50 h
- Maleta facturada de máximo 20 kg por persoa e 1 bolsa de man en cabina, máximo 7 kg.
- Taxas de aeroporto vixentes a día de hoxe (210€)
- Visado de entrada en Exipto.
- Todos os traslados en destino para realizar o circuíto descrito no itinerario
- Estancia dunha noite en Hotel Tolip – 5* en Aswan
- Cruceiro de 3 noites polo Nilo en motonave detallada ou similar.
- Estancia de 3 noites no Cairo no hotel seleccionado ou similar.
- Réxime de pensión completa, 13 comidas (6 xantares e 7 ceas) Inclúe cátering quente no voo de ida e cátering no voo de regreso.
- Bebidas nas comidas (1 botella de auga para cada dúas persoas ou 1 cervexa ou 1 refresco ou 1 copa de viño por persoa) agás nalgún restaurante local que podería non ter bebidas alcohólicas.
- Visitas incluídas: templos de Luxor e Karnak, Colosos de Memnon, templo de Hathshepsut, Val dos Reis, templo de Horus en Edfu, templo de Kom Ombo, paseo en falucho, templo de Isis en Philae, Abu Simbel en autocar, recinto das pirámides e a Esfinxe no Cairo, Museo das Civilizacións, excursión a Menfis e Sakkara, barrio copto, cidadela e bazar Khan el Khaili no Cairo.
- Entradas incluídas a: Luxor: templos de Luxor e Karnak, templo de Hathshepsut e val dos Reis, Edfu: templo de Horus, Kom Ombo: templo, illa de Philae: templo de Isis, Abu Simbel: templos, necrópole de Sakkara, O Cairo: recinto das pirámides e a Esfinxe, barrio copto, cidadela e Museo das Civilizacións.
- Evento especial de despedida con espectáculo de luz e son nas pirámides de Gzeh e posterior cea no restaurante.
- Guía acompañante de fala hispana
- Asistencia de maleteiros (onde for necesario).
- Propinas obrigatorias (35€).
- Audioguías individuais para as visitas
- Seguro de cancelación e de asistencia NON REEMBOLSABLE (30€/persoa)
PREZOS (basados nun grupo de 46 pasaxeiros)
En habitación dobre/persoa socia ABANCA: 2.195€
En habitación dobre/persoa socia: 2.415€
Suplemento habitación individual: 355€ (máximo 5 habitacións por grupo 46 persoas)
*No caso de cancelación do acompañante ou non atopar unha persoa para compartir habitación, o cliente deberá asumir o custo do suplemento individual
PRAZOS DE PAGO:
No momento da inscrición: 325€/persoa
Antes do 20 de xuño: 400€/persoa
Antes do 20 de xullo: 400€/persoa
Antes do 20 de agosto: 400€/persoa
Antes do 20 de setembro: 670€/ persoa socia Abanca; 890€/persoa socia
HOTEIS PREVISTOS OU SIMILARES:
Aswan: Hotel Tolip 5*
Motonave Nile Style - 5* Luxo
O Cairo: Hotel Steigenberger El Tahrir – 5*
IMPORTANTE:
* Este orzamento realizouse coa tarifa aérea vixente a 3 de marzo de 2022, e está suxeita, polo tanto, a fluctuación. É posible e, mesmo probable, de persistir a situación actual, que se poida incrementar pola subida do barril do petróleo. Nese caso, e unha vez notificados dese eventual incremento e do seu importe, o usuario poderá desistir de realizar a viaxe e procederase á devolución dos importes aboados ata ese momento, excluíndo o importe do seguro de viaxe (non reembolsable)
* A orde das visitas e o tempo nos lugares durante o cruceiro poderán ser variados en destino, manténdose íntegro o programa de excursións incluídas.
*Pola particularidade deste destino, a súa climatoloxía e o horario do amencer, débese ter en conta que hai 2 visitas (Luxor e Abu Simbel) nas que a hora de saída será arredor das 4 da mañá
*O importe do seguro de viaxe non é reembolsable, independentemente das causas ou da antelación coa que se produza a cancelación da viaxe
*Os xantares e ceas poderán ser no hotel ou en restaurantes, indistintamente
CONDICIÓNS DE CANCELACIÓN:
• Entre o 20/07 e o 20/08: 970€/persoa
• Entre o 21/08 e o 20/09: 1.525€/persoa
• A partir do 21/09: 100% de gastos do importe total
PROCEDEMENTO DE INSCRICIÓN:
A inscrición será efectiva unha vez cubra o formulario online, desde o 21 de marzo ás 10.00 horas ata que se cubran as prazas. Para verificar que a súa inscrición foi enviada correctamente recibirá un correo electrónico de confirmación. Se non recibe este correo electrónico contacte con nós no 698 122 915
No suposto de que existan máis solicitudes que prazas ofertadas, quedará en lista de agarda.
As prazas do autobús outorgaranse por riguroso orde de inscrición.
Se todavía non é socio e quere viaxar con nós, pode pasarse por un Espazo +60 ou solicitar cita.
(*) Condicións completas no teu Espazo +60 Afundación ou en Nautalia (Juan Flórez, 53 - A Coruña - 981 117 659)