CULTURA POR ALIMENTOS coas persoas damnificadas a causa da DINA
Seguimos a recibir doazóns ata o venres 8 de novembro!
Desde Afundación, Obra Social ABANCA, sumámonos ás iniciativas solidarias en favor das persoas damnificadas pola DANA, debido aos graves efectos ocasionados en diferentes localidades españolas. O noso programa CULTURA POR ALIMENTOS ponse ao servizo da cidadanía para recadar, ata o 8 de novembro, produtos non perecedoiros que irán destinados integramente aos bancos de alimentos das zonas afectadas. A partir desa data, seguiremos con detalle as indicacións da Federación Española de Bancos de Alimentos para retomar a axuda en caso de ser necesario.
Achégate a calquera das nosas sedes nas cidades galegas e deposita a túa doazón nos contedores habilitados. Grazas!
ESPAZOS HABILITADOS
Sala de Exposicións Afundación Ourense
Café Moderno Afundación Pontevedra
Sede Afundación Santiago de Compostela
HORARIOS
LUNS a VENRES | 11.00 a 14.00 e 17.30 a 20.00 h
PRODUTOS
Alimentos non perecedoiros
Alimentación infantil
Auga
Produtos de hixiene persoal
VOLUNTARIADO ACTÚA
Se queres facerte voluntaria ou voluntario para colaborar na recollida de alimentos, inscríbete AQUÍ.
DOAZÓN ECONÓMICA
Pola súa banda, todas aquelas persoas ou colectivos que queiran axudar a través da doazón económica, poden facelo a través da conta ES80 2080 7208 3385 3000 7122 de ABANCA.
O noso agradecemento a toda a cidadanía. Xa van máis de 30 toneladas de produtos non perecedoiros doados desde o día 30 de outubro en que puxemos en marcha a campaña a favor das persoas damnificadas. Con todos os contedores xa desbordados de solidariedade, e tras o traballo de clasificación do voluntariado, organizáronse xa varios transportes con destino aos bancos de alimentos das zonas prexudicadas e para as persoas que están en situación de maior vulnerabilidade. A partir do 8 de novembro, seguiremos atentas e atentos ás peticións que desde os bancos de alimentos vaian trasladando para axudar onde sexa necesario.