TEMPADA DE ABONOS DE MÚSICA CLÁSICA outono 2021. Vigo
Volven os nosos abonos de MÚSICA CLÁSICA a Vigo, de outubro a decembro de 2021. A venda online comeza o 11 de outubro e manterase aberta ata o día 17 en ataquilla.com; tamén se activa a venda física os días 14 e 15 de outubro na billeteira do propio Teatro Afundación, en horario de 11.00 a 14.00 e 17.00 a 20.00 h.
Teléfono de información, 986 120 078
Seguindo a normativa vixente e medidas da Xunta de Galicia, a limitación de capacidade do teatro non permite asignar ás persoas abonadas as butacas que tiñan antes da pandemia.
CONCERTOS
21 OUT xoves | Orquesta Sinfónica de Galicia | Dima Slobodeniouk
3 NOV mércores | Real Filharmonía de Galicia | Marc Leroy-Calatayud
24 NOV mércores | Real Filharmonía de Galicia | Paul Daniel
13 DEC luns | Maria Stuarda | Camilo García e Juan Antonio Álvarez Parejo
ORQUESTA SINFÓNICA DE GALICIA
Director Dima Slobodeniouk
Solistas Barry Douglas (piano) | Jeroen Berwaerts (trompeta)
21 OUT | 20.00 h
Duración aprox. 1 h 11 min
DMITRI SHOSTAKÓVICH
Concerto para piano, trompeta e orquestra de cordas, op. 35 (21’)
Allegro moderato
Lento
Moderato
Allegro con brio
MIECZYSŁAW WEINBERG
Sinfonía de cámara núm. 4
DMITRI SHOSTAKÓVICH
Concerto para piano núm. 2 en fa maior, op. 102 (20’)
Allegro
Andante
Allegro
REAL FILHARMONÍA DE GALICIA
Director Marc Leroy-Calatayud
Trompeta Esteban Batallán
3 NOV | 20.00 h
Duración aprox. 1 h (sen pausa)
MÚSICOS ERRANTES
RICHARD STRAUSS (1864-1949)
Ariadna en Naxos: Abertura e Danza
FRANZ JOSEPH HAYDN (1732-1809)
Concerto de trompeta en Mi b M, Hob.VIIe
Allegro
Andante
Finale: Allegro
ESTEBAN BATALLÁN (1983)
Nightfall
RICHARD STRAUSS (1864-1949)
Intermezzo, TrV 246, op. 72: Catro interludios sinfónicos, TrV 246a
Reisefieber und Walzerszene (Travel Fever and Waltz Scene)
Träumerei am Kamin (Dreaming by the Fireplace)
Am Spieltisch (At the Card-Table)
Fröhlicher Beschluß (Happy Ending)
REAL FILHARMONÍA DE GALICIA
Director Paul Daniel
Piano Josu de Solaun
24 NOV | 20.00 h
Duración aprox.1 h 10 min (sen pausa)
EN TRÁNSITO
DORA PEJAČEVIĆ (1885-1923)
Abertura en re m, op. 49. (Estrea en España)
FRANCIS POULENC (1899-1963)
Sinfonietta, FP 141
Allegro con fuoco
Molto vivace
Andante cantabile
Finale: Prestissimo et tres gai
SERGUÉI PROKÓFIEV (1891-1953)
Concerto para piano núm. 2 en sol m, op. 16
Andantino
Scherzo: Vivace
Moderato
Finale: Allegro tempestoso
MARIA STUARDA. SCHILLER - DONIZETTI
En colaboración co ciclo Barcia de Mera
Narrador e dirección de escena Camilo García
Piano e dirección musical Juan Antonio Álvarez Parejo
13 DEC | 20.00 h
Duración aprox 1 h 35 min (sen pausa)
Elenco
Maria Stuarda, Raíña de Escocia | Actriz Anna Icobalzeta | Soprano Beatriz Díaz
Isabel, Raíña de Inglaterra | Actriz Teresa Vallicrosa | Mezzosoprano Belén Elvira
FRIEDRICH SCHILLER (1759-1805)
Foi o máximo representante do romanticismo alemán. A súa obra foi utilizada por grandes compositores como libreto para as súas creacións.
GAETANO DONIZETTI (1797-1848)
Compuxo a súa María Stuarda baseándose na obra teatral de Schiller (con este mesmo título) e en versión de Giuseppe Bardari.
Neste espectáculo que vai conducido por un narrador, seleccionáronse as cinco escenas máis importantes de ambas as obras. Primeiro veremos a versión teatral de Schiller, representada por actrices, e a seguir oiremos a versión de Donizetti nas voces de cantantes.
Todos os abonos teñen un 20 % de desconto con respecto ao prezo do billete.*
*Gastos de xestión á parte.
Outras bonificacións e descontos xerais:
- Persoas mozas: carné Xove
- Maiores de 65: carné de xubilación
- Persoas desempregadas: carné correspondente
Aplicarase un desconto adicional do 10 % con respecto ao prezo do abono.
Esta tempada non haberá pausa nos concertos, seguindo as recomendacións da INAEM para garantir a seguridade de público e intérpretes perante a COVID-19.
A programación pode sufrir cambios e as duracións das obras son aproximadas.