
O Centro Obra Social ABANCA está emprazado no edificio do antigo Banco Hijos de Olimpio Pérez que domina a céntrica Praza de Cervantes, elemento clave da zona alta do casco histórico compostelán e punto no que conflúen tódalas rúas do seu entorno.
Os irmás Olimpio e Cándido Pérez Rodríguez, seguindo a traxectoria bancaria de seu pai Manuel Pérez Saez, instalado no número 17 da Praza de Cervantes dende 1846, adquiren os edificios lindeiros coa intención de erixir unha nova construción para o banco, proxecto que é encargado ao compostelán Manuel Pereiro Caeiro, amigo e veciño de Olimpio Pérez.
Un equipo dirixido por José Luis Pereiro foi o encargado de acometer a rehabilitación do inmoble, proxectado polo seu bisavó, para adaptalo aos novos usos socioculturais previstos por ABANCA. Na actualidade as instalación ocupan unha superficie de case tres mil metros cadrados e conta con tres salas de exposicións, un auditorio, unha sala de lectura e varias aulas para a organización de actividades formativas de diversa índole, salas de reunión e diferentes espazos que conforman un centro de formación e información. Na parte traseira, o edificio conta cunha galería que da a un pequeno xardín adornado con plantas e árbores.
¡Fai unha visita virtual polas súas diferentes salas!
Salas de exposición
Aulas de formación
Contacto