• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Artistas
Ficha de autor

GRATO AMOR MORENO

Amor Moreno, Grato Ernesto

( Vigo, 1949 )

Biografía

Sen afáns profesionais, a dedicación á pintura deste artista é moi dilatada. Comezou pintando ó óleo, ensaiando diversas técnicas e estilos. Realizou deseño de etiquetas e logotipos. É, fundamentalmente un debuxante, preocupado polo patrimonio artístico de Galicia, cun acervo que recolleu nunha ampla serie de traballos a plumiña, coa minuciosidade e primor dos ilustradores decimonónicos. Parte dela está recollida nos volumes sobre Inventario de Pazos y Torres, publicada pola Asociación Amigos de los Pazos, de Vigo. Moi poucas foron as súas exposicións. En 1997 mostrou parte da súa obra, cun grande éxito, na sala de arte de Caixavigo, como antoloxía desas correrías por todo o país galego para que, desde a súa peculiar sensibilidade queden recollidos, testemuñados mellor, recunchos, prazas, monumentos. O afán documental de Amor Moreno está trascendido por unha sensibilidade evidente. O trazo miúdo da pluma consegue texturas e volumes moi atractivos, con gran dominio da perspectiva e, sobre todo, dun clima entre realista e posromántico, que á fin o caracteriza.

Bibliografía

LÓPEZ-CHAVES, J. M. y AMOR MORENO, G. E.: Inventario de pazos y torres de la provincia de Pontevedra. 3 vols., Deputación de Pontevedra, Pontevedra, 1996-1997.

Obra

  • Tui

    Tui 1997

  • Casas de O'Serrapio en Pedre

    Casas de O'Serrapio en Pedre 1997

Ver todas as obras
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2023© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2021
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    [email protected]
    986 12 00 84 / 986 12 00 78