• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Artistas
Ficha de autor

VENANCIO BLANCO

Blanco Martín, Venancio

( Matilla de los Caños del Río, Salamanca, 13 de marzo de 1923 - Madrid, 22 de febrero de 2018 )

Biografía

No campo de reses bravas nace o grande escultor, que vive dende os oito anos en Robliza de Cojos, onde aprende as primeiras letras da man dun mestre, querido e eloxiado por Unamuno.

Trasládase a Salamanca para seguir ensinanzas de artesanía, na Escola Elemental de Traballo. Asiste tamén á de Artes e Oficios, da que é profesor Soriano Montagut. Destaca e consegue un premio que lle permite viaxar a Italia, en 1941, cando conta con dezaoito anos.

Nova bolsa, agora da Deputación Provincial de Salamanca, para cursar Belas Artes na Escola de San Fernando, en Madrid, de 1943 a 1948, onde tamén logra varios premios.

Gaña a vida facendo reproducións de tema relixioso. En 1959, será a fundación March a súa fada madriña, con nova bolsa. Reside en Roma. Logra o Premio Nacional de Escultura cunha Maternidade. Participa nas Exposicións Nacionais de Belas Artes, nas que consegue segunda medalla en 1960 e primeira en 1962. Coñece o actor cinematográfico Anthony Quinn e organízalle unha grande exposición en Nova York, en 1963.

Dous temas enchen estes anos a súa escultura: o taurino e o relixioso. Neste alcanza un neomisticismo de gran calidade que interesa no Vaticano, onde vai parar algunha das súas pezas. Faille un monumento a Juan Belmonte, o inmenso toureiro. Eríxese en Sevilla.

Gaña a medalla de ouro na X Exposición das Artes de Europa, en Bruxelas, e os primeiros premios na Internacional de Budapest e na Bienal de Salzburgo. En 1974, é elixido membro numerario da Real Academia de Belas Artes de San Fernando, cuxo discurso de ingreso, sobre El Taller, leu o 6 de novembro de 1977.

No seu haber están outros grandes premios, como os das Bienais de Zaragoza, 1963; Alexandría, mesmo ano; internacional, O deporte nas Belas Artes, 1964 e 1967 e Exposición Internacional da Caza, en Budapest, 1971.

A obra de Venancio Blanco, de extraordinaria personalidade, está representada no Museo Nacional de Arte Contemporánea, en numerosos museos de provincias e noutros de Europa, Sudamérica e Estados Unidos.

Hai na escultura deste salmantino unha inicial etapa realista, de modelado recio e seguro, emparentable co castelán. Despois, cando acode ao ferro, arranca de Benlliure, e anula o folclorismo para esencializar as formas, dende os modos de Gargallo e Julio González. É a etapa dos grandes planos, das superficies cortantes, das angulosidades e do oco, incorporado á forma, dentro dun concepto expresionista e ás veces gotizante, absolutamente espectacular. Ás veces é tan abstractivo que as súas esculturas parecen a razoada armazón, mediante soldadura, de elementos de escoura en calquera chatarrería. Na última etapa do seu traballo, a escultura de Venancio Blanco é case por completo informalista, con ideacións de arestas e angulosidades moi agresivas.

 

Bibliografía

Obra

  • TORO

    TORO 0

Ver todas as obras
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2023© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2021
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    [email protected]
    986 12 00 84 / 986 12 00 78